Copán

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Oxwitik»)
Copán
Unha das dúas esculturas de monos do templo 11.
Patrimonio da Humanidade - UNESCO
País Honduras
Localización14°50′24″N 89°8′24″O / 14.84000, -89.14000
TipoCultural
CriteriosIV, VI
Inscrición1980 (4ª sesión)
Rexión da UNESCOLatino América e o Caribe
Identificador129

Copán é un lugar arqueolóxico da civilización maia que se atopa no departamento de Copán, no oeste de Honduras, non moi lonxe da fronteira con Guatemala. Foi a cidade capital dun gran reino do período clásico entre os séculos V e IX. A cidade atopábase no extremo sueste da rexión cultural mesoamericana, limitando coa rexión cultural do itsmo colombiano, e estaba case toda rodeada por pobos non maias.[1] Neste val fértil hoxe hai unha pequena vila duns 3000 habitantes, un pequeno aeroporto e un camiño.[2]

Copán estivo habitada por máis de dous mil anos, dende o período preclásico temperán até o posclásico. A cidade desenvolveuse cun estilo escultural distintivo dentro da tradición maia das terras baixas, quizais para salientar a etnicidade maia dos gobernantes da cidade.[1]

A cidade contén un rexistro histórico que abrangue gran parte do período clásico e que foi reconstruído en detalle por arqueólogos e epígrafos.[1] Copán foi unha cidade poderosa que gobernaba un amplo reino dentro da área sur maia.[3] A cidade sufriu un gran desastre político no ano 738, cando Uaxaclajuun Ub'aah K'awiil, un dos meirandes reis da historia dinástica de Copán, foi capturado e executado polo seu antigo vasalo, o rei de Quiriguá.[4] Esta inesperada derrota significou un hiato de 17 anos na cidade, e durante este tempo Copán puido ter intercambiado os papeis con Quiriguá.[5]

Unha parte significativa da zona leste da acrópole foi erosionada polo río Copán, aínda que o río foi desviado para protexer o sitio contra un maior dano.[1]

Nomes[editar | editar a fonte]

Crese que o nome antigo de Copán era Oxwitik (/oʃwitik/), que significa "tres witiks", aínda que o significado da palabra witik é descoñecido.[6][7]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Sharer & Traxler 2006, p.339.
  2. Adam Risius 1999.
  3. Sharer & Traxler 2006, pp.339, 476.
  4. Martin & Grube 60012, pp.203–205. Looper 2003, p.76. Miller 1999, pp.134–35.
  5. Martin & Grube 2000, pp.206–207.
  6. Stuart 1996.
  7. Stuart and Houston 1994, pp. 23, 25.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]