Uaxaclajuun Ub'aah K'awiil
Uaxaclajuun Ub'aah K'awiil | |
---|---|
Ajaw de Copán | |
![]() | |
Estela H en Copán, representando a Uaxaclajuun Ub'aah K'awiil.[1] | |
Reinado | 2 de xaneiro de 695 — 3 de maio de 738 |
Nacemento | 600s |
Falecemento | 3 de maio de 738 Quiriguá |
Predecesor | Chan Imix K'awiil |
Sucesor | K'ak' Joplaj Chan K'awiil |
Uaxaclajuun Ub'aah K'awiil (tamén coñecido polo apelativo "Dezaoito Coello"), foi o décimo terceiro ajaw ou gobernante da poderosa cidade-estado maia de Copán, na actual Honduras (o seu nome maia cásico era probablemente Oxwitik)[2]. Gobernou dende o 2 de xaneiro de 695 até o 3 de maio de 738.
Historia[editar | editar a fonte]
Uaxaclajuun Ub'aah K'awiil ascendeu ó trono de Copán despois da morte de décimo segundo gobernante, Chan Imix K'awiil, en 695. Comezou o seu reinado coa construción da Estrutura de Esmeralda co obxectivo de enterrar os restos de Chan Imix K'awiil. Isto terminou ritualmente o antigo templo adxacente de Papagayo construído 250 anos antes polo segundo gobernante K'inich Popol Hol, fillo de K'inich Yax K'uk' Mo'.[3] Posteriormente, construíu as escaleiras xeroglíficas do lado leste da Estrutura Esmeralda. Unha pasaxe na escaleira conmemora a súa construción 15 anos despois da morte de Chan Imix K'awiil.[4]
Notas[editar | editar a fonte]
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Coe, Michael D. (1999). The Maya. Ancient peoples and places series (6th edition, fully revised and expanded ed.). Londres e Nova York: Thames & Hudson. ISBN 0-500-28066-5. OCLC 59432778.