Owain Lawgoch

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaOwain Lawgoch

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1330 Editar o valor em Wikidata
Surrey Editar o valor em Wikidata
Mortexullo de 1378 (Gregoriano) Editar o valor em Wikidata (47/48 anos)
Mortagne-sur-Gironde Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeGales Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmonarca , militar Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa e lingua galesa Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
ConflitoGuerra dos Cen Anos Editar o valor em Wikidata
Familia
FamiliaHouse of Aberffraw (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaiTomas ap Rhodri Editar o valor em Wikidata

Editar o valor em Wikidata

WikiTree: Lawgoch-1

Owain ap Tomas ap Rhodri, coñecido como Owain Lawgoch en galés, Owain of the Red Hand en inglés e Yvain de Galles en francés, foi un príncipe galés nado arredor de 1330 e finado en xullo de 1378.[1]

Biografía[editar | editar a fonte]

Monumento a Owain Lawgoch en Mortagne-sur-Gironde.

Lawgoch ("man vermella") era fillo de Tomas ap Rhodri e neto de Rhodri ap Gruffudd , irmán do último rei de Gwynedd, Llywelyn . Foi criado como escudeiro en Inglaterra e sobrevivira á reivindicación inglesa contra a familia deste último. Anos máis tarde, á morte do seu pai, cuxa herdanza quería recoller, o seu parentesco cos últimos reis galeses permitiulle reclamar o principado de Gales, conquistado polo reino de Inglaterra tras a morte de Llywelyn en 1282. Fixo un primeiro intento nesta dirección en 1365, dous anos despois da morte do seu pai, en balde.

Owain entrou ao servizo francés na Guerra dos Cen Anos. Mantivo boas relacións con Bertrand Du Guesclin e outros que recibiron o apoio de Carlos V. Isto fixo que Inglaterra confiscase as súas propiedades en 1369. En maio de 1372, Owain, desde París, anunciou que pretendía reclamar o trono galés. Embarcouse en Harfleur con vistas a atacar Guernsey, pero a expedición tivo que ser abandonada cando Carlos decidiu que necesitaba os servizos de Owain como soldado en La Rochelle.En de agosto nese mesmo ano, Owain fixo prisioneiro en Soubise a Jean de Grailly, capitán de Buch.

En 1377 Owain planeou outra expedición a Gales, esta vez coa axuda de Castela. Alertado, o goberno inglés envía un espía, o escocés John Lamb, para asasinar a Owain. Lamb gañou a confianza do príncipe e conseguiu apuñalalo mortalmente en xullo de 1378 no asedio de Mortagne-sur-Gironde, en Saintonge.

Owain na lenda[editar | editar a fonte]

En torno á figura de Owain xurdiron numerosas lendas, incluíndo unha versión de Cardiganshire. Dafydd Meurig estaba axudando a conducir o gando desde Cardiganshire a Londres. No camiño tallou unha cana de abeleira e aínda a levaba cando atopou a un descoñecido na Ponte de Londres. O descoñecido preguntoulle a Dafydd onde conseguira o bastón e acabou acompañándoo de volta a Gales até o lugar onde o cortara. O descoñecido díxolle a Dafydd que escavase debaixo do arbusto, e apareceron uns pasos que conducían a unha gran cova iluminada por lámpadas, onde durmía un home de sete pés (2'13m) de altura cunha man dereita vermella. O descoñecido díxolle a Dafydd que este era Owain Lawgoch "que dorme até a hora sinalada; cando esperte será o rei dos británicos."

O encoro da canteira de Aberllefenni en Gwynedd era coñecido como Llyn Owain Lawgoch e hai unha historia que o relaciona coa mansión próxima de Plas Aberrlefenni, lembrada en "Trem Yn Ol" de J. Arthur Williams.

En Guernsey, Owain é recordado como Yvon de Galles. El e os seus mercenarios aragoneses foron lembrados no folclore insular como unha invasión de pequenas fadas do outro lado do mar. A historia conta que o rei das fadas náufrago foi atopado inconsciente nunha costa de Guernsey por unha nena chamada Lizabeau. Cando espertou, namorouse dela e levouna polo mar para ser a súa raíña. Porén, as outras fadas pronto decidiron que querían noivas de Guernsey e invadiron a illa. Os homes da illa loitaron con valentía pero foron asasinados, agás dous homes que se agocharon nun forno. As fadas tomaron esposas de Guernsey, o que explica o típico cabelo escuro de Guernsey e a baixa estatura.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Baume, Andrew (2008). "Georges Minois. La guerre de cent ans. Naissance de deux nations. Paris : Perrin, 2008". Bulletin des Anglicistes Médiévistes / Etudes Médiévales Anglaises 73 (1): 83–88. 
  2. Folclore of Guernsey de Marie de Garis (1986) ASIN: B0000EE6P8

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Georges Bordonove, Les Rois qui ont fait la France - Les Valois - Charles V le Sage, t. 1, Pygmalion, 1988.
  • A. D. Carr, Owen of Wales: The End of the House of Gwynedd, University of Wales Press, 1991; ISBN=0-7083-1064-8

Outros artigos[editar | editar a fonte]