Ottoline Morrell

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ottoline Morrell
Nome completoOttoline Violet Anne Cavendish-Bentinck
Nacemento16 de xuño de 1873
Lugar de nacementoRoyal Tunbridge Wells
Falecemento21 de abril de 1938
Lugar de falecementoLondres
SoterradaSt. Winifred's Churchyard
NacionalidadeReino Unido
Alma máterSomerville College
Ocupaciónpintora, aristócrata, fotógrafa e escritora
PaiArthur Cavendish-Bentinck
NaiAugusta Mary Elizabeth Browne, 1st Baroness Bolsover
CónxuxePhilip Morrell
FillosJulian Vinogradoff
Na rede
WikiTree: Cavendish-Bentinck-31 Find a Grave: 24842624 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Ottoline Morrell, nada Ottoline Violet Anne Cavendish-Bentinck en Tunbridge Wells o 16 de xuño de 1873 e finada en Londres en 21 de abril de 1938, foi unha aristócrata británica, mecenas, pacifista e anfitrioa da elite cultural do seu tempo. Era sobriña de Elizabeth Bowes-Lyon, máis tarde raíña nai do Reino Unido. En 1902 casou co deputado liberal Philip Morrell. Estudou no Somerville College da Universidade de Oxford.

Anfitrioa cultural[editar | editar a fonte]

Placa na Gower Street

Lady Ottoline acolleu a numerosos científicos e artistas na súa casa no distrito londiniense de Bloomsbury. Era unha anfitrioa habitual do grupo que máis tarde se coñecería como Círculo de Bloomsbury, que contaba con membros coñecidos como Virginia Woolf, Lytton Strachey, Bertrand Russell, John Maynard Keynes, EM Forster, Duncan Grant e Vanessa Bell. Tivo varios amantes, e mantivo unha relación amorosa con Russell, así como coa pintora Dora Carrington. Durante a primeira guerra mundial, Morrell foi unha dos principais pacifistas. Apoiou aos obxectores de conciencia activos, algúns dos cales tamén pertencían ao grupo de Bloomsbury, e animou a Sigfried Sassoon a presentar a carta contra a guerra no Parlamento. Durante este tempo ela tamén construíu certa reputación como paisaxista.

Legado literario[editar | editar a fonte]

Morrell foi fonte de inspiración para varias obras literarias da súa época. Modelou para Mrs Bidlake en Point counter Point de Aldous Huxley de 1928 e para Hermione Roddice en Love and Women ( Mulleres namoradas ) de DH Lawrence. Algúns críticos cren que tamén foi a inspiración para o libro de D. H. Lawrence Lady Chatterley's Lover, levado ao cine por Just Jaeckin en 1981 como O amante de Lady Chatterley. [1]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Seymour, Miranda, Ottoline Morrell: Life on a Grand Scale, Nova York: Farrar Straus Giroux, 1993, ISBN 0374228183 e Londres: Hodder & Stoughton, 1992, reimpresión modificada 1998, ISBN 0340518200 : reimpresión editorial Faber, editorial Faber
  • Ursula Voß: Bertrand Russell e Lady Ottoline Morrell. Eine Liebe wider die Philosophie, Rowohlt, Berlín 1999, ISBN 3871343102