Saltar ao contido

Dora Carrington

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaDora Carrington

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento29 de marzo de 1893 Editar o valor en Wikidata
Hereford, Reino Unido (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte11 de marzo de 1932 Editar o valor en Wikidata (38 anos)
Newbury, Reino Unido (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Causa da mortesuicidio, ferida por arma de fogo Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
Outros nomesCarrington, Dora de Houghton‏ Editar o valor en Wikidata
País de nacionalidadeReino Unido Editar o valor en Wikidata
EducaciónSlade School of Fine Art (pt) Traducir
Bedford High School for Girls (en) Traducir
University College de Londres Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoPintura e fotografía Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpintora , fotógrafa , decorative artist (en) Traducir , artista Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoRetrato Editar o valor en Wikidata
MovementoCírculo de Bloomsbury Editar o valor en Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor en Wikidata
Obra
Arquivos en
Familia
CónxuxeRalph Partridge (1918–1926)
ParellaLytton Strachey Editar o valor en Wikidata
PaisSamuel Carrington (en) Traducir Editar o valor en Wikidata  e Charlotte Houghton (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
IrmánsNoel Carrington (en) Traducir Editar o valor en Wikidata

WikiTree: Carrington-2079 Find a Grave: 2859 Editar o valor en Wikidata

Dora de Houghton Carrington, coñecida como Carrington, nada en Hereford o 29 de marzo 1893 e finada en Newbury, Berkshire o 11 de marzo 1932, foi unha pintora e decoradora inglesa, adociada con membros do círculo de Bloomsbury, especialmente co escritor Lytton Strachey.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Infancia e mocidade

[editar | editar a fonte]

Filla dun mercador, Carrington naceu en Hereford, Inglaterra, e asistiu á escola feminina Bedford High School que promovía a arte; ademais, os seus pais pagáronlle clases particulares de debuxo. Logrou unha bolsa para a Slade School of Art de Londres onde os seus compañeiros artistas foron Dorothy Brett, Paul Nash, Christopher R. W. Nevinson e Mark Gertler. Todos nalgún tempo estiveron namorados dela, igual que o irmán máis novo de Nash, John Nash, que esperaba casar con ela.[1][2] Gertler pretendeu a Carrington durante varios anos e tiveron unha breve relación sexual durante os anos da primeira guerra mundial.[3]

Logo do seu paso por Slade comezou a empregar o apelido Carrington unicamente; en Slade era unha práctica común que os estudantes se referisen uns aos outros usando só o apelido. Durante a súa vida non foi moi coñecida como pintora, xa que raramente asinaba as súas obras e apenas expuxo, aínda que si traballou durante un tempo no Omega Workshop e en Hogarth Press, deseñando xilografías.[4]

Carreira e vida persoal

[editar | editar a fonte]
Cordilleira dende Yegen, Andalucía, 1924, por Dora Carrington

Non foi membro do círculo de Bloomsbury, aínda que está asociada indirectamente co mesmo, xeralmente debido ao seu "estilo de vida bohemio", a súa longa relación co escritor Lytton Strachey e as súas ocasionais relacións homosexuais.

Dúas das súas relacións documentadas foron con Mark Gertler, un coñecido pintor inglés da época, e co escritor Gerald Brenan. Casou con Ralph Partridge, mais viviu a maior parte da súa vida con Strachey.

Lytton Strachey faleceu de cancro de estómago en Ham Spray en xaneiro de 1932. Carrington, que non vía propósito na súa vida sen Strachey, cometeu suicidio dous meses despois da súa morte disparándose cunha arma prestada polo un amigo.[5] Partridge puido intervir no primeiro intento suicida mais non logrou salvala do segundo. O seu corpo foi incinerado e as súas cinzas enterradas baixo os loureiros no xardín de Ham Spray House.[6]

Dora Carrington foi unha experimentada retratista e paisaxista e tamén traballou nas artes aplicadas e decorativas, pintando sobre calquera superficie que tivese preto, como letreiros, tellas ou mobles, así como na decoración de vaixelas. Carrington deseñou a biblioteca da casa en Ham, Wiltshire, onde viviu con Strachey e Partridge.

Dende 1970 medrou o interese pola súa obra, que comezou a obter críticas e valoracións positivas.[7]

[editar | editar a fonte]
  1. "Dora Carrington: a difficult virus to get out of your system". Independent. 23 de outubro de 1999. Consultado o 7 de novembro de 2017. 
  2. "Dora Carrington :: Biography (1893-1932) :: Gallery :: Canvas Prints". www.leninimports.com. Arquivado dende o orixinal o 15-01-2018. Consultado o 15-1-2018. 
  3. "Dora Carrington – an outline of her life - painter, designer, bohemian, bisexual". Arquivado dende o orixinal o 23 de febreiro de 2014. Consultado o 30 de marzo de 2019. 
  4. "Dora de Houghton Carrington: An Inventory of Her Collection at the Harry Ransom Humanities Research Center". norman.hrc.utexas.edu. Carrington, Noel, Gertler, Marjorie, Gertler, Mark, 1891-1939, John, Augustus, 1878-1961, Lamb, Henry, 1883-1960, Nevinson, C. R. W. (Christopher Richard Wynne), 1889-1946. Consultado o 15-1-2018. 
  5. Haycock, A Crisis of Brilliance, p. 313
  6. "Dora Carrington (1893 - 1932) - Find A Grave Memorial". Findagrave.com. Consultado o 17-4-2014. 
  7. Noel Carrington, Carrington Paintings, Drawings, and Decorations [1978], p. 14

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Gerzina, Gretchen Holbrook (1989). Carrington: A Life. Nova York, W.W. Norton & Co..
  • Haycock, David Boyd (2009). A Crisis of Brilliance: Five Young British Artists and the Great War. Londres, Old Street Publishing. ISBN 978-1-905847-84-6.
  • Hill, Jane (1994). The Art of Dora Carrington. Londres, The Herbert Press Ltd.
  • (en castelán) Gerald Brenan, Diarios sobre Dora Carrington y otros escritos (1925-1932), editorial Confluencias, 2012.

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]