Os d'Abaixo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Os d'Abaixo
Os d'Abaixo.jpg
OrixeSantiago de Compostela, Galicia Galiza
Período2010 – actualidade
Xénero(s)Folk, música galega
MembrosXacobe Varela
Xabier Agra
Gonzalo "Gon" Goás
Ricardo "Richi" Martín
Santiago "Santi" Cribeiro
Roberto Rama
Quim Farinha
Na rede
http://osdabaixo.com/

Os d’Abaixo apareceron no ano 2010 co obxectivo de promover e animar bailes e festas tradicionais na contorna de Compostela. O seu repertorio recolle algunhas das pezas populares máis coñecidas da música galega xunto con novas achegas de fontes tradicionais ou de nova composición.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

O grupo está integrado por músicos que estiveron toda a vida vinculados ao folclore de Galiza, como por outro provenientes de bandas folk de ampla traxectoria como son Berrogüetto ou Fía na Roca.

Nos seus directos ofrecen unha selección de música cargada de forza e enerxía, que entronca cun profundo respecto aos patróns da música tradicional co fin de incitar ao baile máis ancestral, que é unha peza fundamental na tradición musical de Galiza. Pero sempre buscando un son actual e en constante evolución.

Na primavera de 2014 edítase o primeiro disco do grupo “Ao vivo en Lorient”, que recolle 16 pezas gravadas nos concertos feitos en 2013 neste festival bretón. Tres anos despois, na primavera de 2017, sae á luz o seu segundo disco “Quixera ser dos paxaros”, o primeiro gravado en estudio e no que se recollen unha maioría de temas inéditos para o folc galego, resultado dun gran traballo de investigación por parte de Xosé Ramón Vázquez, daquela acordeonista do grupo.

No ano 2019, incorpórase Santi Cribeiro, dando lugar á formación actual da banda, que despois de dous anos de traballo editan o que sería o seu terceiro disco titulado “Somos a pedra” (decembro 2021) no que, ademais da tradición e investigación que acompañan ao grupo desde os seus inicios, cobran unha maior presenza os temas de composición, aportando novas sonoridades melódicas ao xa extenso repertorio destes composteláns. Ademais, neste disco contan coa colaboración de grandes referencias da música de raíz da península como son Eliseo Parra, Xavi Lozano e a cantante portuguesa María João.

Festivais[editar | editar a fonte]

Os d’Abaixo teñen tocado en diversas festas e festivais de Galiza e tamén fóra dela, en lugares como o Festival de Músicas do Mundo, (maio 2012, Etxarri-Aranaz, Navarra), o festival Le Grand Bal de l’Europe (xullo 2012, Gennetines, Francia), o Festival Intercéltico de Lorient (agosto 2013, Lorient, Bretaña), e o Calan Mai, a festa da primavera celta (maio de 2014, Cardiff, Gales), o Festival Folk (novembro de 2017, Eivisa), Festival Internacional de Música Popular i Tradicional (xuño de 2018, Vilanova i la Geltrú), Brosella Folk & Jazz (xullo de 2018, Bruxelas), Festival do Mundo Celta de Ortigueira (xullo de 2018, Ortigueira), Festa do Caldo de Quintandona (setembro de 2018, Penafiel, Portugal-), Wackelstein Festival (xullo de 2019, Amaliendorf, Austria), Festival do Mundo Celta de Ortigueira (xullo de 2022, Ortigueira)…

En 2022 foron Premio Martín Códax da Música na categoría de folk.[1]

Membros[editar | editar a fonte]

Discografía[editar | editar a fonte]

Álbum[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "A novena edición dos Premios Martín Códax da Música celebra a fin da pandemia con reivindicacións". Pontevedra Viva. 6 de outubro de 2022. Consultado o 6 de outubro de 2022. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]