Os Carunchos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Os Carunchos
OrixeGalicia
PeríodoDende 1994
Xénero(s)Música tradicional galega
Selo(s) discográfico(s)Edicións do Cumio
Zouma Records
Páxina web

Os Carunchos é un grupo de Musical tradicional galega, creado en 1994.

Historia[editar | editar a fonte]

O grupo creouse a finais de 1994 coa idea de mesturar temas cantados da tradición oral co repertorio de gaiteiros solistas. En 1998 gravaron o seu primeiro CD, ¡Ala, que vai!, editado por Edicións do Cumio. O disco é un resumo dos seus primeiros catro anos de actividade, con cantigas e melodías de nova composición, mesturados con antigos romances e pezas populares.

En 2002 gravaron o seu segundo traballo, Sen tempo non era, editado por Zouma Records. Inclúe novos instrumentos no son do grupo, como óboe, a frauta traveseira e máis a requinta. Continúan a empregar letras de outros autores e compoñen algunhas das melodías. En 2005 gravaron o terceiro disco, Montealegre. Nel aparecen novos instrumentos, e temas tanto tradicionais como de diversos compositores de Galicia.

En 2009 publicaron En Galego, unha escolma de temas de diversa orixe, temas da tradición popular galega e portuguesa, de repertorio de gaiteiros galegos e coros tradicionais, e temas compostos por autores galegos ou membros do grupo con contidos reivindicativos en defensa da lingua galega. En 2013 publicaron Ti Que?, no que predominan as melodías propias e letras reivindicativas.

A comezos de 2017 publicaron Cantares, con letras de personalidades da poesía clásicos, como Rosalía de Castro, e contemporáneos, como Manolo Pipas.

Participaron en diversos festivais canda a outros grupos de música galega como Na Lúa, Leilía, Berrogüetto, Os Cempés, Treixadura, Ardentía, Chouteira ou Luar na Lubre.

Discografía[editar | editar a fonte]

  • ¡Ala, que vai! (1998)
  • Sen tempo non era (2002)
  • Montealegre (2005)
  • En Galego (2009)
  • Ti Que? (2013)
  • Cantares (2016)