A Organización Mundial do Retrete (World Toilet Organization), con sede en Singapur é unha organización sen ánimo de lucro estabelecida co fin de mellorar as condicións a nivel mundial tanto do retrete coma do resto de elementos sanitarios. OMT (WTO) é así mesmo unha das poucas organización centradas no retrete e non nas augas residuais, as cales reciben maiores atencións e prestacións baixo o termo global de saneamento. Fundada en 2001 por 15 membros, en 2009 ten máis de 150 distribuídos en máis de 50 países, que traballan co obxectivo común de erradicar os tabús e facilitar a sostibilidade do mundo do retrete e por extensión do saneamento.