Saltar ao contido

Orde de Malta

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Orde Militar de San Xoán de Malta»)
Modelo:Xeografía políticaOrde de Malta
Sovrano Militare Ordine Ospedaliero di San Giovanni di Gerusalemme di Rodi e di Malta (it) Editar o valor en Wikidata

HimnoAve Crux Alba (pt) Traducir (década de 1930) Editar o valor en Wikidata

Lema«Tuitio Fidei et Obsequium Pauperum»
«Defence of the faith and assistance to the poor»
«Защита на вярата и помощ на бедните» Editar o valor en Wikidata
Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 41°54′19″N 12°28′50″L / 41.90541, 12.48061
CapitalPalazzo Magistrale (pt) Traducir
Roma Editar o valor en Wikidata
Poboación
Lingua oficiallingua italiana Editar o valor en Wikidata
Datos históricos
Precedido por
Organización política
Órgano executivoSoberano Consello da Orde de Malta Editar o valor en Wikidata
Órgano lexislativoQ1501874 Traducir , Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario

Páxina weborderofmalta.int Editar o valor en Wikidata
Facebook: OrderofMalta Twitter: orderofmalta Instagram: orderofmalta_official Youtube: UCo8iAbXAhk97j2mTXV36X8Q BNE: XX144828 Editar o valor en Wikidata
Inscrición fundacional, en galego, do hospital da orde de San Xoán de Portomarín (1521).

A Orde de Malta, tamén coñecida como Orde de San Xoán de Xerusalén ou Orde dos Hospitalarios, oficialmente Soberana Militar Orde Hospitalaria de San Xoán de Xerusalén de Rodas e de Malta, é unha orde católica que constitúe unha entidade soberana e suxeito de dereito internacional [1] con status de observador permanente na ONU e considérase sucesora directa da orde medieval dos Cabaleiros Hospitalarios. A Orde de Malta mantén relacións diplomáticas formais con 112 estados e ten a súa sede en Roma baixo a dirección dun Gran Mestre.

A orixe da orde está no permiso que lle deron as autoridades musulmás de Palestina para que os comerciantes de Amalfi puideran reconstruír un antigo hospital en Xerusalén para albergar peregrinos cristiáns. Tras a primeira cruzada, o reitor do hospital, de nome Xerardo, concibiu o establecemento dunha institución que se encargase da defensa dos peregrinos. O papa Pascual II recoñeceu a orde como irmandade hospitalaria en 1113, construíuse o primeiro hospital preto da Igrexa do Santo Sepulcro e comezou a dar escolta armada ao peregrinos, medrando ata converterse nunha auténtica forza militar.

Tralas derrotas fronte a Saladino, a orde embarca cara Europa, onde recibiu doazóns de cabaleiros devotos, aínda que finalmente acantoa os seus efectivos militares en Rodas. Alí, no século XIV, o Papa Clemente V, prohibe a Orde dos templarios e na mesma bula ordena que os seus bens sexan para a Orde dos Hospitalarios. Non obstante, o Imperio Otomán acaba expulsándoos de Rodas no XV e acabarán residindo en Malta ao ser este arquipélago entregado polo Imperio Español a esta orde católica, xa que é importante a nivel táctico para o control do Mediterráneo contra o perigo otomán e os piratas berberiscos, fronte aos cales a Orde imporá a defensa da illa fortificando a súa capital de tal forma que resistiu o sitio de Malta no século XVI, ata que Napoleón Bonaparte a tomou por sorpresa. Coa perda sa súa sede principal o líder foi a Italia para acabar pondo embaixada no Vaticano xa que, a pesar das promesas do Imperio Británico, este finalmente non entregou a illa á orde.

A Orde dos cabaleiros hospitalarios en Galicia

[editar | editar a fonte]

A Orde entrou en Galicia no século XIII e obtivo ao pouco tódalas terras e membros da Orde dos Templarios ao seren prohibidos. Así recibiu as terras de Carballeda de Avia (onde o cruceiro fronte á igrexa ten unha cruz de Malta baixo o crucificado) e Pazos de Arenteiro. Fundaron varios hospitais ao longo do país nos que aínda se conserva o topónimo de O Hospital, onde fornecían de coidados a peregrinos do Camiño de Santiago (tanto no Camiño francés coma nos outros Camiños) e cobraban as rendas que lles correspondían como señores feudais do lugar.

  1. Karski, Karol (2012). "The International Legal Status of the Sovereign Military Hospitaller Order of St. John of Jerusalem of Rhodes and of Malta". International Community Law Review 14 (1): 19–32. 

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.