Operación E

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Operación E
Ficha técnica
Título orixinalOperación E
DirectorMiguel Courtois Paternina
ProdutorFaruco Castromán
Luís Tosar
Cristina Zumárraga
Marisa Castelo
Ariel Zeïtoun
GuiónAntonio Onetti
Baseado enOperación Emmanuel
IntérpretesLuís Tosar
Martina García
Farruco Castromán
Gilberto Ramírez
Sigifredo Vega
MúsicaThierry Westermeyer
FotografíaJosu Incháustegui
MontaxeJean-Paul Husson
EstudioTormenta Films
Ajoz Films
ZircoZine
DistribuidoraEuropaCorp
Estrea2012
Duración109 minutos
OrixeGalicia Galicia
Flag of France.svg Francia
XéneroDrama, Thriller
Orzamento$3 000 000[1]

Operación E é un filme franco-galego dirixido por Miguel Courtois Paternina que foi estreado no 2012. É unha produción de ZircoZine, Tormenta Films e A.J.Ou.Z. Films (Francia), co apoio de TVE e Canal + Francia e a distribución de DeAPlaneta en España e a nivel internacional e de EuropaCorp en Francia. É a primeira produción internacional da produtora galega independente ZircoZine, e foi rodada en Colombia. Está protagonizado por Luís Tosar, que interpreta ó campesiño colombiano José Crisanto e Martina García no papel de Liliana, a súa muller.

A historia do filme está baseada en feitos reais, na operación humanitaria coñecida como Operación Emmanuel (2007-2008), que consistiu no rescate de Clara Rojas, o seu fillo Emmanuel, que naceu en cativerio, e Consuelo González de Perdomo, os cales permaneceron máis de seis anos en poder das FARC nas selvas colombianas.

Argumento[editar | editar a fonte]

Unha muller secuestrada polas FARC dá a luz un neno no medio da selva colombiana. No momento do parto, a guerrilla arrebátalle o bebé á súa nai e entrégallo a Crisanto, un modesto agricultor que sobrevive na xungla coa súa muller, os seus cinco fillos e o seu sogro, un curandeiro indíxena. Crisanto deberá facerse cargo do neno baixo ameaza de morte, pero o pequeno está gravemente enfermo. Toda a familia trata de salvarlle a vida, que é tamén a súa. A súa loita sen descanso levaralles río abaixo sorteando toda clase de adversidades, descoñecendo que se esconde tras o interese da guerrilla polo pequeno.

Personaxes[editar | editar a fonte]

Galardóns e nomeamentos[editar | editar a fonte]

Premios Mestre Mateo[editar | editar a fonte]

Ano Categoría Receptor Resultado
2012 Mellor actor Luís Tosar Gañador

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]