Ondas do mar de Vigo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Pergamiño Vindel
Cancioneiro da Biblioteca Nacional ou Cancioneiro Colocci-Brancuti: B 1278.

"Ondas do mar de Vigo" é o nome co que se coñece unha cantiga de amigo escrita en lingua galego-portuguesa polo trobador medieval Martín Codax. Toma o título do primeiro verso da obra. Aparece xunto a outras cantigas do mesmo autor no Pergamiño Vindel[1], onde se conserva a notación musical da cantiga.

O mar e as ondas aparecen en varias cantigas de Codax, como "Ay ondas que eu vin veer", e a vila de Vigo aparece tamén na composición "En o sagrad'en Vigo". Aparecen varios tópicos da cantiga de amigo, como o propio amigo ausente, ou os elementos da natureza como confidentes. Ao estar relacionada co mar, pertence ao subxénero da barcarola. Formalmente está formada por catro estrofas de tres versos. Ten paralelismos, leixaprén e refrán.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Cantiga “Ondas do Mar”, obra del trovador gallego del siglo XIII Martín Codax." (en castelán). 28 de abril de 2016. Consultado o 4 de maio de 2016. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]