Saltar ao contido

Oliver Sacks

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaOliver Sacks

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinalOliver Wolf Sacks
Biografía
Nacemento9 de xullo de 1933 Editar o valor en Wikidata
Willesden, Reino Unido (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte30 de agosto de 2015 Editar o valor en Wikidata (82 anos)
Greenwich Village, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Causa da morteliver metastasis (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
ResidenciaNova York (1965–) Editar o valor en Wikidata
RelixiónAteísmo Editar o valor en Wikidata
EducaciónThe Queen's College (pt) Traducir - Bachelor of Medicine, Bachelor of Surgery (pt) Traducir (1951–1958)
St Paul's School (pt) Traducir
Hall School (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoNeuroloxía Editar o valor en Wikidata
Lugar de traballo Nova York (1965–) Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónescritor, divulgador científico, guionista, profesor universitario, neurólogo, químico, médico escritor, médico Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de Columbia (2007–2012)
Universidade de Warwick (pt) Traducir
Albert Einstein College of Medicine (en) Traducir
New York University School of Medicine (en) Traducir
Universidade Yeshiva (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Membro de
Obra
Obras destacables
Familia
Cónxuxesen valor Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura

Descrito pola fonteObálky knih,
Medvik >>>:Sacks, Oliver, 1933-2015, Editar o valor en Wikidata
Páxina weboliversacks.com Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0755312 Allocine: 76059 Allmovie: p288921
Facebook: oliversacks Twitter: OliverSacks Youtube: UCAV8cRQzDrcGh43MGuLxZyg TED: oliver_sacks BNE: XX1036312 Last fm: Oliver+Sacks Musicbrainz: 5dabb41f-da95-426f-be70-73f4af22a0dd Allmusic: mn0001195198 WikiTree: Sacks-101 Find a Grave: 151438715 Editar o valor en Wikidata

Oliver Wolf Sacks, nado en Londres o 9 de xullo de 1933 e finado en Nova York o 30 de agosto de 2015, foi un neurólogo inglés que escribiu importantes libros sobre os seus pacientes, seguidor da tradición, propia do século XIX, das «anécdotas clínicas» (historias de casos clínicos contadas a través dun estilo literario informal). O seu exemplo favorito é The Mind of a Mnemonist (Pequeno libro dunha gran memoria: A mente dun mnemonista[1]), de Alexander Luria.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Graduouse no Queen's College da Universidade de Oxford e doutorouse en neuroloxía na Universidade de California. Viviu en Nova York dende 1965. Foi profesor clínico de neuroloxía na Escola de Medicina Albert Einstein, profesor adxunto de neuroloxía na Facultade de Medicina da Universidade de Nova York e neurólogo de consulta para as Irmanciñas dos Pobres. Exerceu na cidade de Nova York.

Sacks describiu os seus casos con pouco detalle clínico, concentrándose na experiencia fenomenolóxica (vivencia subxectiva) do paciente. Algunhas das alteracións descritas son condicións crónicas ou alteracións moi severas con deterioración significativa do funcionamento do individuo, non obstante, Sacks enfatizou como os pacientes realizan adaptacións compensatorias que lles permiten corrixir ou atenuar os seus déficits na vida cotiá.

No seu libro máis coñecido, Awakenings (Espertares, dun de cuxos casos se fixo unha película, que leva o mesmo título), relata as súas experiencias no uso dunha substancia natural que viña de ser descuberta, a L-dopa, en pacientes afectados pola epidemia de encefalite letárxica acaecida nos anos 1920. Tamén foi o tema da primeira película feita para a serie documental Discovery da BBC.

Noutros libros describiu casos da síndrome de Tourette e os efectos da enfermidade de Parkinson. O relato que dá título a The Man Who Mistook His Wife for a Hat (O home que confundiu a súa muller cun sombreiro) versa sobre un músico que sofre unha agnosia visual (prosopagnosia) que tamén foi o personaxe protagonista dunha ópera de Michael Nyman presentada en 1987). A historia Un antropólogo en Marte, que forma parte do libro do mesmo nome, trata, entre outras, a historia de Temple Grandin, unha profesora coa síndrome de Asperger. As obras de Sacks foron traducidas a 21 idiomas.

  • Migraine, 1970.
  • Awakenings, 1973.
  • A Leg to Stand On, 1984.
  • The Man Who Mistook His Wife for a Hat, 1985.
  • Seeing Voices: A Journey Into The Land of the Deaf, 1989.
  • An Anthropologist on Mars: Seven Paradoxical Tales, 1995.
  • The Island of the Colour-blind (total congenital color blindness in an island society, 1997.
  • Uncle Tungsten: Memories of a Chemical Boyhood, 2001.
  • Oaxaca Journal, 2002.
  • Musicophilia: Tales of Music and the Brain, 2007.
  • The Mind's Eye, 2010.
  • Hallucinations, 2012.
  1. "Editado en 2009 por KRK Ediciones". Arquivado dende o orixinal o 26 de xullo de 2009. Consultado o 04 de outubro de 2013. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]