Olaf Stapledon

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaOlaf Stapledon

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(en) William Olaf Stapledon Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento10 de maio de 1886 Editar o valor em Wikidata
Seacombe, Reino Unido (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte6 de setembro de 1950 Editar o valor em Wikidata (64 anos)
Caldy, Reino Unido (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Infarto agudo de miocardio Editar o valor em Wikidata)
Datos persoais
País de nacionalidadeReino Unido de Gran Bretaña e Irlanda (–1927)
Reino Unido Editar o valor em Wikidata
EducaciónBalliol College, Oxford (pt) Traducir
Universidade de Liverpool
Abbotsholme School (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoFilosofía Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónparamédico (pt) Traducir , escritor de ciencia ficción , escritor , filósofo , activista pola paz Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1914 Editar o valor em Wikidata -
EmpregadorUniversidade de Liverpool Editar o valor em Wikidata
LinguaInglés británico Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
PaisWilliam Clibbert Stapeldon (en) Traducir Editar o valor em Wikidata  e Emmeline Miller (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

IMDB: nm9633799 Editar o valor em Wikidata

William Olaf Stapledon, nado en Seacombe, Wallasey, o 10 de maio de 1886 e finado en Caldy o 6 de setembro de 1950, foi un filósofo e escritor de ficción científica británico.[1][2] En 2014, foi incluído no Salón da Fama da Ficción Científica e a Fantasía.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Stapledon naceu na península Wirral, en Cheshire, fillo único de William Clibbett Stapledon e Emmeline Miller. Pasou os primeiros seis anos da súa vida cos seus pais en Port Said, Exipto. Estudou na Abbotsholme School e no Balliol College, Oxford, onde recibiu un grao de bacharelato en artes en historia moderna (segunda clase) en 1909, promocionado a un grao MA en 1913.[3][4] Tras un breve período como profesor na Escola de Gramática de Manchester, traballou en oficinas navais en Liverpool e Port Said entre 1910 e 1912. De 1912 a 1915 Stapledon traballou coa póla de Liverpool da Workers' Educational Association.[2]

Durante a primeira guerra mundial serviu como obxector de conciencia.[2] Stapledon foi condutor de ambulancia coa Friends' Ambulance Unit en Francia e en Bélxica dende xullo de 1915 a xaneiro de 1919; recibiu á Croix de Guerre ao valor.[5] O 16 de xullo de 1919 casou con Agnes Zena Miller (1894–1984), unha prima australiana.[2] Encontráranse por primeira vez en 1903 e mantiveron correspondencia durante a guerra. Tiveron unha filla, Mary Sydney Stapledon (1920–2008), e un fillo, John David Stapledon (1923–2014). En 1920 mudáronse a West Kirby.

Stapledon recibiu o grao de doutor en filosofía pola Universidade de Liverpool en 1925 e empregou a súa tese de doutoramento como base para o seu primeiro libro publicado, A Modern Theory of Ethics (1929).[5] Con todo, axiña cambiou á ficción coa esperanza de presentar as súas ideas a un público máis amplo. O éxito relativo de Last and First Men (1930) provocou que se convertese en escritor a tempo total. Escribiu unha secuela, Last Men in London, á que seguiron moitos outros libros de ficción e de filosofía.[6]

Durante a segunda guerra mundial abandonou o seu pacifismo e apoiou os esforzos de guerra.[5] En 1940 a familia Stapledon construíu e mudouse a unha nova casa en Simon's Field, en Caldy, Wirral. Durante a guerra foi un defensor público do esquerdista Common Wealth Party, de J.B. Priestley e Richard Acland,[5] ademais do grupo internacionalista británico Federal Union.[7]

Despois de 1945 Stapledon viaxou moito facendo xiras de conferencias, visitando os Países Baixos, Suecia e Francia, e en 1948 falou no Congreso Mundial de Intelectuais pola Paz en Wrocław, Polonia. Tamén asistiu á Conferencia pola Paz Mundial que tivo lugar en Nova York en 1949, sendo o único británico que recibiu o visado para iso. En 1950 involucrouse co movemento antiapartheid. Tras unha semana de conferencias en París, cancelou unha viaxe programada a Iugoslavia e volveu á súa casa en Caldy, onde faleceu repentinamente por un ataque cardíaco.[5]

Stapledon foi incinerado no Crematorio de Landican. A súa viúva e os seus fillos esparexeron as súas cinsas nos cantís que miran ao estuario do Dee, un dos seus lugares favoritos, que aparece en varias ocasións nos seus libros. Stapledon Wood, na parte sueste de Caldy Hill, foi nomeado por el.[8]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ficción[editar | editar a fonte]

Non ficción[editar | editar a fonte]

  • A Modern Theory of Ethics: A study of the Relations of Ethics and Psychology (1929)
  • Waking World (1934)
  • Saints and Revolutionaries (1939)
  • New Hope for Britain (1939)
  • Philosophy and Living, 2 volumes (1939)
  • Beyond the "Isms" (1942)
  • Seven Pillars of Peace (1944)
  • Youth and Tomorrow (1946)
  • Interplanetary Man (1948)
  • The Opening of the Eyes (ed. Agnes Z. Stapledon, 1954)

Poesía[editar | editar a fonte]

  • Latter-Day Psalms (1914)

Coleccións[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Andy Sawyer, "[William] Olaf Stapledon (1886-1950)", en Bould, Mark, et al, eds. Fifty Key Figures in Science Fiction. Nova York: Routledge, 2010. (pp. 205–210) ISBN 1135285349.
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 John Kinnaird, "Stapledon,(William) Olaf" en Curtis C. Smith, Twentieth-Century Science-Fiction Writers. Chicago, St. James, 1986. ISBN 0912289279 (pp. 693–6).
  3. Kinnaird, John. Olaf Stapledon. Borgo Press, 1986. ISBN 978-0-916732-55-4
  4. Oxford University Calendar, 1915, p. 182
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 Vincent Geoghegan,"Olaf Stapledon:Religious but not a Christian" in Socialism and religion : roads to common wealth. Londres: Routledge, 2011. ISBN 9780415668286 (pp. 85–108).
  6. "Olaf Stapledon". J. L. Campbell, Sr., in E. F. Bleiler, ed.Science Fiction Writers. Nova York: Scribners, 1982. pp. 91–100. ISBN 978-0-684-16740-4
  7. Andrea Bosco,Federal Union and the origins of the 'Churchill proposal' : the federalist debate in the United Kingdom from Munich to the fall of France, 1938-1940. Londres: Lothian Foundation Press, 1992. ISBN 1872210198 (p. 50)
  8. "Cheshire Now – Caldy Hill". Consultado o 16 de xaneiro de 2013. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]