Ofrenda de Orestes e Pílades

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Ofrenda de Orestes e Pílades
ArtistaDescoñecido
Data-10
TécnicaEscultura de mármore
Dimensións161 cm × 106 cm
LocalizaciónMuseo do Prado (Madrid)

Ofrenda de Orestes e Pílades é un grupo escultórico romano esculpido en mármore branco de Carrara que data en torno ó ano 10 a. C. Tamén se lle coñece como Grupo de San Ildefonso, de autor descoñecido. Tamén se identificou como posibles personaxes a Cástor e Pólux. As súas dimensións son 161 cm x 106 cm x 56 cm e un peso de 496 quilos. Exhíbese no Museo do Prado, nivel 0, sala 71. Ten como número de catálogo E00028.

Orestes, perseguido polas Erinias que o acosan por asasinar a súa nai Clitemnestra, marcha co seu amigo Pílades a Táuride (episodio que aparece en Ifixenia en Táurida de Eurípides), en busca da estatua de Artemisa que Apolo lle ordenou levar a Atenas como unha forma de purificarse. En Táuride ten lugar un episodio no que ambos se ofrecen cada un a sacrificarse polo outro, o que se toma como exemplo de amizade. Á súa volta a Atenas, levando a estatua de Artemisa, ofrecen un sacrificio a esta deusa, e ese é o momento que representaría este grupo escultórico.

Esta escultura chegou ó Museo do Prado procedente da Colección Real española, á que se incorporou reinando Filipe V de España. Antes estivo na Vila Ludovisi de Roma e na colección de Cristina de Suecia.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]