Oenothera rosea

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Oenothera rosea é unha especie de planta herbácea bienal, pertencente á familia Onagraceae. Distribúese en Estados Unidos, España,México, Costa Rica, Guatemala, Bolivia, Ecuador, Perú, Arxentina e Uruguai.

En Galicia está catalogada como especie exótica invasora.[1]

Detalle da flor.

Descrición[editar | editar a fonte]

É unha herba que mide entre 15 e 45 cm de altura. Ten as follas en forma de lanza coa parte media ancha, de bordo enteiro ou pouco ondulado e con nervadura moi marcada. As súas flores son solitarias e de pétalos anchos que as fan verse case cadradas, de cor rosa ou violeta.

Distribución e hábitat[editar | editar a fonte]

É orixinaria de México a Colombia e está presente en climas cálidos, semicálidos, semisecos e tépedos, entre os 200 e os 1100 m s. n. m. e os 1865 e até os 3900 m s. n. m. Crece a beira de camiños, en ocasións cultivada en hortos familiares, establécese en bosques tropicais caducifolios, subcaducifolios e perennifolios, matogueira xerófila, espiñenta e con maior frecuencia en bosque mesófilo de montaña, bosques de carballos, de piñeiros, mixto de carballos-piñeiros e de xenebreiros.

Taxonomía[editar | editar a fonte]

Oenothera rosea foi descrita por Charles Louis L'Héritier de Brutelle ex Aiton e publicada en Hortus Kewensis; or, a catalogue . . . 2: 3. 1789.[2]

Sinonimia
  • Hartmannia affinis Spach
  • Hartmannia gauroides Spach
  • Hartamnnia rosea L'Hér. ex Aiton G.Don
  • Hartmannia virgata (Ruiz & Pav.) Spach
  • Oenothera psychrophila
  • Oenothera purpurea Lam.
  • Oenothera rubra Cav.
  • Oenothera virgata Ruiz & Pav.
  • Xylopleurum roseum (L'Hér. ex Aiton) Raim.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • USDA, ARS, National Genetic Resources Program. Germplasm Resources Information Network - (GRIN) National Germplasm Resources Laboratory, Beltsville, Maryland. http://www.ars-grin.gov/cgi-bin/npgs/html/taxon.pl?25536 Copia arquivada en Wayback Machine . (10 dic 2007)