Odin (observatorio espacial)
| Odin | |
|---|---|
| Tipo | Científico |
| Organización | Corporación Espacial Sueca |
| Destino actual | En servizo.[1] |
| Data de lanzamento | 20 de febreiro de 2001, 8:48 GMT[1][2][3][4] |
| Foguete portador | Start 1[2][5] |
| Sitio de lanzamento | Svobodniy, Rusia[2][6] |
| Obxectivo da misión | Observación astronómica e aeronómica no infravermello.[2][6] |
| NSSDC ID | 2001-007A |
| Masa | 250 kg[5] |
| Potencia | 340 vatios[2] |
| Datos orbitais | |
| Semieixo maior | 6927 km[1] |
| Inclinación | 97,6 graos[1] |
| Apoapse | 563,6 km[1] |
| Periapse | 549,3 km[1] |
Odin é un observatorio espacial da Corporación Espacial Sueca lanzado o 20 de febreiro de 2001 mediante un foguete Start 1 desde Svobodny, en Rusia.[2][5][6]
Características
[editar | editar a fonte]A misión de Odin é dobre: estudar, no rango do infravermello a atmosfera terrestre e obxectos astronómicos. O observatorio ten unha precisión de apuntado de 15 segundos de arco e unha capacidade de almacenamento a bordo de 100 MB. Como sensor utiliza un radiómetro crioxénico co que observar nas bandas de 118,25-119,25, 486,1-503,9 e 541,0-580,4 GHz cunha resolución de entre 0,1 e 1,0 MHz, utilizando tamén un espectrómetro óptico para facer medicións en bandas entre os 280 e 800 nanómetros e na banda de 1270 nm. Ambos sensores reciben a luz recollida por un telescopio de tipo gregoriano de 1,1 m de diámetro.[1][2][5][6]
Os gases observados no medio interestelar coas capacidades de Odin son o ioduro de cloro, o vapor de auga, o sulfuro de hidróxeno, o amoníaco e algúns outros. Os gases observados na atmosfera terrestre, pola súa parte, son o monóxido de cloro, o óxido nitroso, o dióxido de nitróxeno, o peróxido de hidróxeno, o ácido nítrico e uns poucos máis.[2][5]
Notas
[editar | editar a fonte]- 1 2 3 4 5 6 7 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "ODIN" (en inglés). Consultado o 11 de novembro de 2015.
- 1 2 3 4 5 6 7 8 NASA (26 de agosto de 2014). "Odin" (en inglés). Consultado o 11 de novembro de 2015.
- ↑ "Note verbale dated 27 February 2001 from the Permanent Mission of Sweden to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF) (01-81558). 9 de marzo de 2001: 2. Consultado o 11 de novembro de 2015.
- ↑ Claude Lafleur (2010). "Odin" (en inglés). Consultado o 11 de novembro de 2015.
- 1 2 3 4 5 Gunter Dirk Krebs (2015). Gunter's Space Page, ed. "Odin" (en inglés). Consultado o 11 de novembro de 2015.
- 1 2 3 4 Mark Wade (2011). "Odin" (en inglés). Consultado o 11 de novembro de 2015.