Saltar ao contido

Octavio Vázquez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaOctavio Vázquez

(2016) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento10 de setembro de 1972 Editar o valor en Wikidata (52 anos)
Santiago de Compostela, España Editar o valor en Wikidata
EducaciónInstituto Peabody (pt) Traducir
Real Conservatorio Superior de Música de Madrid Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióncompositor Editar o valor en Wikidata

BNE: XX1704753 BUSC: vazquez-octavio-1972 Musicbrainz: e1227326-b002-417e-a16d-567cb2c3d70e Editar o valor en Wikidata

Octavio Vázquez Rodríguez, nado o 10 de setembro de 1972 en Santiago de Compostela, é un compositor galego residente en Nova York (Estados Unidos).

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Octavio Vázquez naceu en Santiago de Compostela o 10 de setembro de 1972. En 1989 trasladouse a Madrid, onde estudou no Conservatorio Adolfo Salazar, continuando a súa formación no Real Conservatorio Superior de Música de Madrid, onde obtivo os títulos de piano, teoría e acompañamento. Despois de gañar unha bolsa de estudos da Fundación Barrié, trasladouse aos Estados Unidos para estudar no Peabody Institute de Baltimore. Doutorouse na University of Maryland, College Park, onde foi bolseiro da propia universidade.[1]

Dende 1999 reside en Nova York, onde é director musical da United Moravian Church e membro fundador da ONG "Guernica Project Inc.", que promove a cooperación internacional por medio da música e das artes.[1]

As súas colaboracións inclúen músicos como Víctor Pablo Pérez, Dmitri Berlinsky, Ilya e Leonid Finkelshteyn, Jonathan Gandelsman, Daniel Gaisford, Eldar Nebolsin, o Flatiron Trio, o Monument Piano Trio, Viacheslav Dinerchtein, Julian Gargiulo, e a galega gañadora dun Grammy Cristina Pato.

Características

[editar | editar a fonte]

Vázquez está interesado principalmente no "... impacto emocional [da súa música] e a comunicación directa co oínte.[2] A súa música foi descrita como "un facho aceso para o próximo século" por Mark Greenfest, do New Music Connoisseur.

Orquestral

[editar | editar a fonte]

Música de cámara

[editar | editar a fonte]
  • Sonata para Violín e Piano Nº 1 (1990)
  • Sonata para Viola e Piano Nº 1 (1992)
  • Sonata para Violín e Piano Nº 2 (1993)
  • Trio para Clarinete, Violonchelo e Piano (1994)
  • Suite para Fagot e Piano (1996)
  • Septeto (1996)
  • Cuarteto para corda Nº 3 (1997), estreado no Merkin Hall
  • Sonata para Viola e Piano No. 2 (2002), diploma na Prokofiev International Competition, estreada no Carnegie Hall en 2003
  • Galician Folk Dances (2003), para violín e piano, encargada pola COAHSI
  • Trío para Frauta, Viola ande Violonchelo (2003), estreado no Carnegie Hall en 2003
  • Trío para Violín, Violonchelo e Piano, 'Guernica' (1999, 2006) encargado polo Guernica Project Inc. e estreado polo Flatiron Trio
  • Sonata para Clarinete e Piano (2009), encargada e estreada por Enrique Pérez Piquer e o Festiva Via Stellae 2010
  • MusicScapes (2011), encargada por Katya Chilingiri
  • Balkanika (2011), encargada co apoio da Secretaría de Cultura de España
  • NGC 6611 (2012), encargada por Hilary Hahn como parte de "In 27 Pieces: The Hilary Hahn Encores"
  • Trío para Óboe, Fagot e Piano (2012), encargada e estreada polo Poulenc Trio co apoio de New Music USA
  • Trío para Violín, Clarinete e Piano (2012), encargado e estreado polo Verdehr Trio e a Michigan State University

Gravacións

[editar | editar a fonte]
  1. 1,0 1,1 Biografía de Octavio Vázquez en www.galegos.info
  2. Carreira, Xoán M. (19 de xullo de 2007). "New York, New York". Mundo clásico. Arquivado dende o orixinal o 29 de xaneiro de 2013. Consultado o 14 de marzo de 2019. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]