Saltar ao contido

Oblomov

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Oblomov
 Título
   Обломов (ru) Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
Características
 Xénero artístico
 Forma artística
 Ambientado en
 Época ambientación
 Edicións
 Obra derivada
 Lingua
Implicados
 Autor/a
 Tradutor/a
Datas
 Fundación / creación
1847 Editar o valor en Wikidata
 Data de publicación
1859 Editar o valor en Wikidata
Historia
 Precedido por
The Same Old Story (en) Traducir (1844 - ) Editar o valor en Wikidata
 Sucedido por
The Precipice (en) Traducir (1869 - ) Editar o valor en Wikidata
Cifras e dimensións
 Número de partes
4
46 Editar o valor en Wikidata
Localización
 País de orixe
Códigos e identificadores
VIAF305993035 Editar o valor en Wikidata
Goodreads68298441 Editar o valor en Wikidata
Open LibraryOL8551795W Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/01r812 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Obra dispoñible en
 Descrito pola fonte
BNE: XX1999872
Wikidata C:Commons

Oblomov (en ruso: Обломов) é unha novela do escritor ruso Ivan Goncharov publicada en 1859, a máis coñecida do autor.[1]

Oblomov, o personaxe central da novela, é visto como a encarnación do home superfluo (lizhni chelovek), estereotipo da literatura rusa do século XIX. Oblomov e un home nobre e xeneroso incapaz de tomar decisións ou de realizar accións importantes.[1] Ó longo do libro permanece case todo o tempo na cama.[1] O libro foi considerado unha sátira da nobreza rusa, de papel social moi cuestionado na Rusia da época.

Repercusión

[editar | editar a fonte]

A obra foi moi popular no seu tempo, e moitos dos seus caracteres e situacións marcaron a cultura e linguaxe rusos. "Oblomov" pasou a lingua rusa coma palabra para describir a persoas que amosan unha preguiza e inercia similares ás do protagonista da novela. "Oblomovismo" (oblomovshina) designa o tipo de preguiza case xenética que algúns críticos, entre eles Fiodor Dostoievski consideraron característica constitutiva da alma rusa, e oblomovka refírese á casa familiar no campo, descrita como un lugar idílico no capítulo “O soño Oblomov", e que simboliza a fuxida á infancia, á que se regresa mentalmente cando a incapacidade de decidirse bloquea á acción.[2]

Oblómov foi levada o cine na Unión Soviética por Nikita Mikhalkov en 1981.[3]

  1. 1 2 3 "Ivan Goncharov". web.archive.org. 2014-12-07. Archived from the original on 07 de decembro de 2014. Consultado o 2023-12-07.
  2. Harjan, George (1976-01). "Dobroliubov’s “What is Oblomovism?”: An Interpretation". Canadian Slavonic Papers (en inglés) 18 (3): 284–292. ISSN 0008-5006. doi:10.1080/00085006.1976.11091456.
  3. Mikhalkov, Nikita (1980-09-08). "Neskolko dney iz zhizni I.I. Oblomova". Consultado o 2023-12-07.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]