Saltar ao contido

O prestixio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O prestixio
David Julyan Editar o valor en Wikidata
 Título
The Prestige Editar o valor en Wikidata
 Instancia de
 Lingua orixinal
 Cor
 Formato de imaxe
Autoría
 Interpretado por
 Director/a
 Compositor/a
 Director/a fotografía
 Editor/a de cine
 Deseñador/a produción
Temática
 Tema principal
 Ambientado en
 Baseado en
 Inspirado na obra de
 Personaxes
Publicación
 Distribuidor/a
 Recadación
109.676.311 $
53.089.891 $ Editar o valor en Wikidata
 Custo
40.000.000 $ Editar o valor en Wikidata
 Formato de distribución
Datas
 Data de publicación
10 de novembro de 2006 (Reino Unido, Irlanda)
17 de outubro de 2006 (Festival Internacional de Cinema de Roma (pt) Traducir)
20 de outubro de 2006 (Estados Unidos de América, Canadá)
4 de xaneiro de 2007 (Alemaña) Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
17 de outubro de 2006Estrea (El Capitan Theatre (pt) Traducir) Editar o valor en Wikidata
Dimensión
Duración125 min Editar o valor en Wikidata
Localización
 Lugar de rodaxe
 País de orixe
Recoñecemento
 Nomeamentos
Óscar á mellor fotografía (23 de xaneiro de 2007)
Óscar ó mellor deseño de produción (23 de xaneiro de 2007) Editar o valor en Wikidata
 Puntuación da crítica
66/100 Metacritic (16 de xuño de 2025)
76% Rotten Tomatoes (29 de novembro de 2022)
7.1/10 Rotten Tomatoes (10 de outubro de 2021) Editar o valor en Wikidata
Identificadores
VIAF302032936 Editar o valor en Wikidata
ISAN0000-0001-9730-0000-R-0000-0000-U Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/084302 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
IMDB: tt0482571 Filmaffinity: 343841 Allocine: 108998 Rottentomatoes: m/prestige Mojo: prestige Allmovie: v337176 TCM: 636598 Metacritic: movie/the-prestige TV.com: movies/the-prestige BNE: XX5671034 Netlix: 70047095 Editar o valor en Wikidata
Wikidata

O prestixio (en inglés: The Prestige) é un filme británico-estadounidense dirixido por Christopher Nolan que se estreou no 2006. O guión do filme foi adaptado polo irmán de Nolan, Jonathan, a partir da novela de Christopher Priest The Prestige. Conta a historia de Robert Angier e Alfred Borden, dous magos rivais de Londres a finais do século XIX. Obsesionados con crear a mellor ilusión de maxia, compiten entre eles con tráxicos resultados. Está protagonizado por Hugh Jackman como Robert Angier, Christian Bale como Alfred Borden e David Bowie como Nikola Tesla. Tamén aparecen no filme Scarlett Johansson, Michael Caine, Piper Perabo, Andy Serkis e Rebecca Hall. O filme reuniu a Nolan con Bale e Caine dende Batman empeza, colaborando tamén co fotógrafo Wally Pfister, o deseñador de produción Nathan Crowley, o compositor David Julyan e o editor Lee Smith.

O filme foi estreado o 20 de outubro de 2006, recibindo críticas positivas e un bo resultado na recadación, e sendo nomeado ós Premios Oscar nas categorías de mellor fotografía e mellor deseño de produción. Xunto con The Illusionist e Scoop, The Prestige foi un dos tres filmes de 2006 que exploraron o mundo do ilusionismo.

Estreouse en galego na TVG o 31 de agosto de 2013.[1]

Personaxes

[editar | editar a fonte]
  1. Crtvg Galicia (ed.). "O prestixio na TVG". Consultado o 30 de agosto de 2017. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]