O prestixio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «The Prestige»)

O prestixio
Ficha técnica
Título orixinalThe Prestige
DirectorChristopher Nolan
Produtor
Guión
Baseado enThe Prestige de Christopher Priest
Intérpretes
MúsicaDavid Julyan
FotografíaWally Pfister
MontaxeLee Smith
Estudio
Distribuidora
EstreaEl Capitan Theatre: 17 de outubro de 2006
20 de outubro de 2006
10 de novembro de 2006
Galicia 31 de agosto de 2013 (TVG)
Duración130 minutos
OrixeReino Unido Reino Unido[1]
Estados Unidos de América Estados Unidos[1]
XéneroMisterio
Orzamento$40 000 000[2]
Recadación$109 700 000[2]
Na rede
IMDB: tt0482571 Filmaffinity: 343841 Allocine: 108998 Rottentomatoes: m/prestige Mojo: prestige Allmovie: v337176 TCM: 636598 Metacritic: movie/the-prestige TV.com: movies/the-prestige Netlix: 70047095Editar o valor em Wikidata

O prestixio (en inglés: The Prestige) é un filme británico-estadounidense dirixido por Christopher Nolan que se estreou no 2006. O guión do filme foi adaptado polo irmán de Nolan, Jonathan, a partir da novela de Christopher Priest The Prestige. Conta a historia de Robert Angier e Alfred Borden, dous magos rivais de Londres a finais do século XIX. Obsesionados con crear a mellor ilusión de maxia, compiten entre eles con tráxicos resultados. Está protagonizado por Hugh Jackman como Robert Angier, Christian Bale como Alfred Borden e David Bowie como Nikola Tesla. Tamén aparecen no filme Scarlett Johansson, Michael Caine, Piper Perabo, Andy Serkis e Rebecca Hall. O filme reuniu a Nolan con Bale e Caine dende Batman empeza, colaborando tamén co fotógrafo Wally Pfister, o deseñador de produción Nathan Crowley, o compositor David Julyan e o editor Lee Smith.

O filme foi estreado o 20 de outubro de 2006, recibindo críticas positivas e un bo resultado na recadación, e sendo nomeado ós Premios Oscar nas categorías de mellor fotografía e mellor deseño de produción. Xunto con The Illusionist e Scoop, The Prestige foi un dos tres filmes de 2006 que exploraron o mundo do ilusionismo.

Estreouse en galego na TVG o 31 de agosto de 2013.[3]

Personaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "The Prestige (2006)". British Film Institute. Arquivado dende o orixinal o 23 de novembro de 2014. Consultado o 13 de xuño de 2014. 
  2. 2,0 2,1 "The Prestige (2006)". Box Office Mojo. Consultado o 3 de marzo de 2007. 
  3. Crtvg Galicia (ed.). "O prestixio na TVG". Consultado o 30 de agosto de 2017. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]