Saltar ao contido

O home de aceiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O home de aceiro
Logotipo
 Instancia de
 Título
Man of Steel (en) Editar o valor en Wikidata
 Inspirado en
 Inspirado na obra de
 Caracterizado por
Características
 Cor
 Formato de distribución
 Universo ficticio
 Personaxes
 Lingua orixinal
Implicados
 Produtor/a executivo
 Director/a
 Compositor/a
 Guionista
 Director/a fotografía
 Editor/a de cine
 Deseñador/a vestiario
 Distribuidor/a
Datas
 Data de publicación
26 de xuño de 2013 (Suecia)
14 de xuño de 2013 (Reino Unido)
19 de xuño de 2013 (Francia)
14 de xuño de 2013 (Estados Unidos de América)
20 de xuño de 2013 (Alemaña, Hungría)
10 de xuño de 2013 Editar o valor en Wikidata
Historia
10 de xuño de 2013Estrea (Nova York) Editar o valor en Wikidata
 Parte da serie
 Premios e distincións
Cifras e dimensións
Duración143 min Editar o valor en Wikidata
Formato de imaxe2.35:1 Editar o valor en Wikidata
Custo225000000 $ Editar o valor en Wikidata
Recadación668045518 $ Editar o valor en Wikidata
Localización
 Lugar de rodaxe
 País de orixe
Códigos e identificadores
VIAF299940713 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/0gjc4d3 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
 Puntuación da crítica
7.1/10 Internet Movie Database (21 de febreiro de 2026)
57% Rotten Tomatoes (8 de maio de 2025)
55/100 Metacritic (10 de novembro de 2024)
6.2/10 Rotten Tomatoes (30 de abril de 2022) Editar o valor en Wikidata
IMDB: tt0770828 Filmaffinity: 730631 Allocine: 123348 Rottentomatoes: m/superman_man_of_steel Mojo: superman2012 Allmovie: v527047 TCM: 862277 Metacritic: movie/man-of-steel TV.com: movies/man-of-steel Netlix: 70264797 Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

O home de aceiro (en inglés: Man of Steel) é un filme estadounidense-británico de 2013 dirixido por Zack Snyder. Baséase no personaxe de DC Comics Superman. Producido por DC Entertainment, Legendary Pictures, Syncopy e Cruel and Unusual Films, e distribuído por Warner Bros. Pictures, é unha produción entre os Estados Unidos de América e o Reino Unido[1] e o primeiro título do Universo Estendido de D (DCEU).[2][3] O guión foi escrito por David S. Goyer, e está protagonizado por Henry Cavill, Amy Adams, Michael Shannon, Kevin Costner, Diane Lane, Laurence Fishburne, Antje Traue, Ayelet Zurer, Christopher Meloni e Russell Crowe. O home de aceiro é un reboot da franquía cinematográfica de Superman que conta cos personaxes da historia orixinal. No filme, Clark Kent descobre que é un alien superpoderoso orixinario do planeta Krypton. Decide asumir o papel de protector da humanidade, tomando esa elección para enfrontarse ao Xeneral Zod e evitar que destrúa a humanidade.

O desenvolvemento comezou en 2008 cando Warner Bros. decidiu relanzar a franquía. Snyder foi contratado como director en outubro de 2010. A fotografía principal comezou en agosto de 2011 en West Chicago, Illinois, antes de trasladarse a Vancouver e Plano, Illinois. O home de aceiro estreouse nos cinemas o 14 de xuño de 2013, en 2D, 3D e IMAX. Malia recibir valoracións dispares por parte da crítica, o filme converteuse nun éxito de recadación, conseguindo máis de 668 millóns de dólares en todo o mundo. A crítica eloxiou os efectos visuais e a banda sonora de Hans Zimmer, mais criticou o seu ritmo e a falta de desenvolvemento do personaxe. A súa secuela, titulada Batman contra Superman: O amencer da xustiza estreouse o 25 de marzo de 2016.

Estreouse en galego o 6 de xaneiro de 2018 a través da TVG.[4]

Personaxes

[editar | editar a fonte]
  1. British Film Institute (ed.). "Man of Steel (2013)". Arquivado dende o orixinal o 10 de marzo de 2016. Consultado o 10 de xullo de 2015.
  2. Wade, Jessie (21 de xullo de 2018). "DC Finally Names Its Movie Brand – Comic-Con 2018". IGN. Arquivado dende o orixinal o 21 de xullo de 2018. Consultado o 22 de xullo de 2018.
  3. Barr, Merrill (9 de abril de 2014). Forbes, ed. "Will Warner Brothers & DC Ever Catch Up To Marvel Television After Last Night's 'Agents of S.H.I.E.L.D.'?". Arquivado dende o orixinal o 11 de abril de 2014. Consultado o 29 de marzo de 2018.
  4. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 06 de xaneiro de 2018. Consultado o 05 de xaneiro de 2018.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]