Saltar ao contido

O gran ditador

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O gran ditador
Imaxe
Póster de filme
 Instancia de
 Parte de
 Título
The Great Dictator (en) Editar o valor en Wikidata
 Inspirado en
Características
 Cor
 Dedicado a
 Ambientado en
Tomainia (en) Traducir
Osterlich (en) Traducir
Bacteria (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
 Época ambientación
 Lingua orixinal
Implicados
 Produtor/a
 Dedicado a
 Director/a
 Compositor/a
 Guionista
 Director/a fotografía
 Distribuidor/a
Datas
 Data de publicación
22 de outubro de 1960 (Xapón)
19 de novembro de 1945 (Suecia)
15 de outubro de 1940 (Estados Unidos de América)
26 de agosto de 1958 (Alemaña) Editar o valor en Wikidata
Historia
 Premios e distincións
 Nomeamentos
Óscar ó mellor actor secundario (10 de febreiro de 1941)
Óscar ó mellor filme (10 de febreiro de 1941)
Óscar á mellor banda sonora (10 de febreiro de 1941)
Óscar ó mellor actor (10 de febreiro de 1941)
Óscar ó mellor guión orixinal Editar o valor en Wikidata
Cifras e dimensións
Duración125 min Editar o valor en Wikidata
Custo2000000 $ Editar o valor en Wikidata
Recadación5000000 $ Editar o valor en Wikidata
Localización
 Lugar de rodaxe
 País de orixe
Códigos e identificadores
VIAF316753519 Editar o valor en Wikidata
ISAN0000-0000-F69E-0000-L-0000-0000-B Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/0gy4z Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Puntuación da crítica
92% Rotten Tomatoes (8 de xaneiro de 2026)
8.9/10 Rotten Tomatoes (5 de outubro de 2021) Editar o valor en Wikidata
IMDB: tt0032553 Filmaffinity: 155010 Allocine: 2253 Rottentomatoes: m/great_dictator Mojo: greatdictator Allmovie: am6819 TCM: 76858 TV.com: movies/the-great-dictator BNE: XX4582948 Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

O gran ditador (en inglés: The Great Dictator) é un filme dirixido por Charlie Chaplin e Wheeler Dryden que se estreou en 1940.

Ó final da primeira guerra mundial un soldado do exército de Tomania, ó salvar a vida do oficial Schultz no seu avión, sofre un accidente e perde a memoria, restando nun hospital por 20 anos. Cando, aínda amnésico, escapa do hospital, regresa á súa cidade, onde abre de novo a súa antiga barbería situada no Ghetto. Os tempos cambiaron. O país é gobernado polo ditador Adenoid Hynkel, e hai unha brutal discriminación contra o pobo xudeu.

Unha das mozas do Ghetto, a bela Hannah, defende ó barbeiro cando é atacado por membros das forzas de seguridade de Hynkel. Ambos namóranse e deben padecer os atropelos da ditadura, aínda que teñen esperanza por ter a protección de Schultz, que recoñeceu ó barbeiro. Por outra banda, Hynkel trata de conseguir financiamento dun banqueiro xudeu para levar a cabo as súas ambicións de dominación global.

O rexeitamento do préstamo por parte do banqueiro xudeu motiva a reanudación da opresión no Ghetto, Schultz cae en desgraza por encararlle a súa falta de humanidade ó ditador e por ocultarse cos xudeus. A persecución fai que o barbeiro e Schultz sexan enviados a un campo de concentración.

Hynkel decide invadir Osterlich, pero a intromisión do líder de Bacteria, Benzino Napaloni, obrígao a invitalo e ser diplomático, o cal desemboca nunha ridícula guerra de comida e pasteis entre os dous ditadores.

Hannah e as persoas do Ghetto foxen cara Osterlich, pero ó pouco iníciase a invasión dende Tomania. Entón, ó escapar o barbeiro e Schultz, Hynkel será detido por erro polas súas propias tropas, polo seu gran parecido co barbeiro, e este será tomado por Hynkel e conducido a dar un discurso sobre o inicio da conquista do mundo.

En vez diso, o barbeiro da un discurso alentando á humanidade a abandonar a mecanización do home, as ditaduras, a discriminación e a recuperar a humanidade. Hannah, na súa casa, arrasada de novo polos invasores, dirixe a súa ollada ó ceo con esperanza, e sobre esa faciana péchase a pantalla.

Personaxes

[editar | editar a fonte]

Os principais personaxes políticos fan referencia a:

AnoPremioCategoríaResultado
1940Círculo de Críticos de Cine de Nova YorkMellor actor (Charles Chaplin)Gañador
1941Premios OscarMellor películaNomeada
Mellor guión orixinalNomeada
Mellor actor principal (Charles Chaplin)Nomeado
Mellor actor secundario (Jack Oakie)Nomeado
Mellor banda sonora orixinal (Meredith Willson)Nomeada
1961Premios Kinema JunpoMellor película estranxeiraGañadora
1974Premios JussiMellor cineasta estranxeiro (Charles Chaplin)Gañador

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]