Saltar ao contido

O bosque dos raposos aforcados

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O bosque dos raposos aforcados
Título orixinalHirtettyjen kettujen metsä
Autor/aArto Paasilinna
LinguaFinés
ColecciónContemporánea
Xénero(s)novela picaresca
EditorialFinlandia Weilin+Göös
Galicia Rinoceronte[1]
Data de pub.Finlandia 1983
Galicia 2006
Páxinas258
ISBNISBN 978-84-17388-01-0
TraduciónTomás González Ahola
editar datos en Wikidata ]

O bosque dos raposos aforcados[2] (en finés: Hirtettyjen kettujen metsä) é unha novela do escritor finlandés Arto Paasilinna do ano 1983.

En 2006 foi traducida ao galego por Tomás González Ahola e publicada pola editorial Rinoceronte, sendo o primeiro libro que se traduce do finés ao galego.[3] Foi reeditado en 2018.[4]

Argumento

[editar | editar a fonte]

Oiva Juntunen é un ladrón finlandés que consegue roubar varios quilos de ouro ao goberno de Noruega. Mentres os seus cómplices están na cadea, el leva unha vida de luxo e sen reparar en gastos. Cando estes saen e lle van reclamar a súa parte, Juntunen decide fuxir co botín á Laponia finlandesa. A pesar do recóndito do seu agocho, coñece a Remes, un militar alcólico co que acabará facendo boas migas.

  1. rinoceronte.gal (ed.). "O bosque dos raposos aforcados". Arquivado dende o orixinal o 17 de xullo de 2018. Consultado o 26 de abril de 2018. 
  2. O bosque dos raposos aforcados. Traducido por Tomás González Ahola (1ª ed.). Cangas: Rinoceronte Editora. 2006. ISBN 978-84-17388-01-0 – vía Biblioteca da Tradución Galega. 
  3. "O bosque dos raposos aforcados". Consultado o 13 de setembro de 2018. 
  4. "O bosque dos raposos aforcados". Arquivado dende o orixinal o 08 de setembro de 2018. Consultado o 13 de setembro de 2018. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]