O Pedroso do Norte, Cruces, Padrón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
O Pedroso do Norte
ParroquiaCruces
ConcelloPadrón
Poboación83 hab. (2013)
editar datos en Wikidata ]

O Pedroso do Norte, tamén chamado Pedroso, é un lugar da parroquia de Cruces no concello coruñés de Padrón, na comarca do Sar. Segundo o padrón municipal (INE 2013) ten 83 habitantes (38 homes e 45 mulleres).

Patrimonio[editar | editar a fonte]

Preto deste lugar está o couto de Lampai.

O río de Pedroso que ten un caudal permanente, aumentado no inverno polas chuvias. Nel faise pesca de troitas. Hai oito muíños en ruínas, usados antigamente para moer o millo.

O monte está mancomunado pola Comisión dos Montes de Pedroso, que engloban a Pedroso Norte e Pedroso Sur ou do Vendaval. Ó uso forestal adícase en boa medida ao cultuvi do eucalipto, que se destina a empresas como FINSA. A auga de uso doméstico procede de mananciais logo de ser recollida en depósitos comúns.

Hai dous parques infantís con bambáns, tobogáns e cabaliños, e un campo de fútbol amplo. Hai tamén un circuíto de motocross.

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Cruces[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Cruces no concello de Padrón (A Coruña)

A Abelina | A Angueira de Suso | O Areal | A Baiuca | Bascuas | Cruces | A Escravitude | O Loureiro | Os Muíños | O Pedroso do Norte | O Pedroso do Vendaval | A Picaraña | Prada | Queiruga | Tarrío | Vigo | O Vilar

Parroquias de Padrón[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Padrón

Carcacía (San Pedro) | Cruces (Santa María) | Herbón (Santa María) | Iria Flavia (Santa María) | Padrón (Santiago)