O Mozo Azul
| O Mozo Azul | |||
|---|---|---|---|
|
Título
| |||
|
Instancia de
| |||
|
Movemento
| |||
|
Xénero
| |||
|
Material
| |||
|
Propietario
Biblioteca Huntington (pt)
Robert Grosvenor, 1st Marquess of Westminster (en) Joseph Duveen, 1.º Barão Duveen (pt) John Hoppner (pt) Jonathan Buttall (en) John Nesbitt (en) Hugh Grosvenor (pt) | |||
| Autoría | |||
|
Creador/a
| |||
| Temática | |||
|
Tema principal
| |||
|
Inspirado en
| |||
| Datas e cronoloxía | |||
|
Período
| |||
|
Data de creación
| |||
|
Acontecementos
| |||
| Dimensións | |||
|
Altura
| |||
|
Anchura
| |||
| Localizacións | |||
|
Localización
| |||
|
Situado en
| |||
|
Colección
| |||
|
Exposición
| |||
|
Lugar de creación
| |||
| Identificadores | |||
| |||
| Fontes e ligazóns | |||
|
Número inventario
| |||
|
Páxina WEB
| |||
|
Descrito pola fonte
| |||
| Wikidata C:Commons | |||
O Mozo Azul (en inglés: The Blue Boy) é unha pintura ao óleo realizada por Thomas Gainsborough arredor de 1770.
Historia
[editar | editar a fonte]
O Mozo Azul é a obra máis famosa de Gainsborough e crese que é un retrato de Jonathan Buttall (1752-1805), fillo dun rico comerciante, aínda que non chegou a ser demostrado. Trátase dun retrato, á vez que un estudo histórico do vestiario dos mozos do século XVIII. Considérase que foi unha homenaxe de Gainsborough a Anton van Dyck; en particular está moi próximo ao retrato de Carlos II cando era neno realizado por Van Dyck, e que seguramente Gainsborough descubriu xunto coa pintura de Rubens nas coleccións do castelo de Wilton que visitou co seu amigo e mecenas Philip Thicknesse.[1]
Hai indicios de que Gainsborough xa pintara algo no lenzo antes de comezar O Mozo Azul. A pintura está realizada nun lenzo bastante grande para un retrato, pois mide 177,8 cm de altura por 112,1 cm de largo. Atópase na Biblioteca Huntington, en San Marino, California.[2]
Joshua Reynolds ante a vista do retrato, escribiu:[3]
Todos eses arañazos e eses sinais estraños que, de miralos de preto, son tan perceptíbeis nos cadros de Gainsborough e que mesmo a pintores experimentados lles parecen máis ben o efecto do azar que o resultado dunha intención, ese caos, ese aspecto repelente e informe, por unha especie de maxia toma forma a certa distancia, e todas as partes parecen pórse no seu sitio, de xeito que podemos deixar dificilmente de recoñecer o pleno efecto da aplicación baixo a aparencia do azar, da présa e da neglixencia [...] Temos que convir en que os toques cortados de Gainsborough contribuíron moito á lixeireza de efecto que constitúe unha beleza notábel das súas pinturas.[1]
Percorrido da pintura
[editar | editar a fonte]A pintura estivo en posesión de Jonathan Buttall, ata que se declarou en bancarrota en 1796. Foi comprada entón polo político John Nesbitt e en 1802, polo retratista John Hoppner. Arredor de 1809, O Mozo Azul entrou na colección do conde de Grosvenor onde se conservou ata que un dos seus descendentes, o segundo duque de Westminster o vendeu ao mercador de arte Joseph Duveen en 1921.[4]
En 1919, o cadro inspirou o produtor de cinema alemán Friedrich Wilhelm Murnau para realizar o seu debut como director con Der Knabe in Blau.[5]
Nunha medida que provocou unha protesta pública en Gran Bretaña, foi vendido ao empresario Henry Edwards Huntington da American Railway por 728800 dólares, segundo o acordo co marchante Duveen, un prezo entón récord para calquera pintura.[6] De acordo cunha nova en The New York Times, do 11 de novembro de 1921,[7] o prezo de compra foi de 640 000 dólares, uns oito millóns de 2010.[8] Antes da súa partida a California en 1922, O Mozo Azul foi exposto brevemente na National Gallery de Londres, onde foi visto por unhas 90 000 persoas, e o director da Galería, Charles Holmes, escribiu unhas palabras de despedida na parte posterior da pintura: «Au Revoir, C.H.»[9]
Foi este cadro o que inspirou o artista pop Robert Rauschenberg á súa dedicación á arte da pintura.[10] Atópase colocada na Biblioteca de Huntington enfronte do cadro Pinkie do pintor Thomas Lawrence.
Na cultura popular
[editar | editar a fonte]No filme de Quentin Tarantino Django Unchained, a personaxe principal, Django, un escravo liberado, escolle un traxe idéntico ao que leva o protagonista de O Mozo Azul.[11]
A pintura vese no filme Batman (1989) colgada no museo de Gotham e de novo en Joker, nunha versión pequena no apartamento do Joker.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Morales y Marín 1989, p. 400.
- ↑ "Jonathan Buttal: The Blue Boy (c 1770)". The Huntington Library. Arquivado dende o orixinal o 05 de outubro de 2013. Consultado o 7 de decembro de 2009.
- ↑ Gower, Ronald Sutherland (1903). Thomas Gainsborough. G. Bell and Sons. pp. 77–78. Consultado o 2 de outubro de 2012 – vía Google Books.
- ↑ "Duveens offer a Reynolds to Louvre," New York Times, 19 de outubro de 1921
- ↑ Bock, Hans-Michael (2009). Hans-Michael Bock, Tim Bergfelder, ed. The concise Cinegraph: encyclopaedia of German cinema. Berghahn Books. p. 334. ISBN 978-1-57181-655-9.
- ↑ Thorpe, James Ernest, Henry Edwards Huntington, A Biography, Berkeley: University of California Press, 1994, p. 438.
- ↑ "Duveens offer a Reynolds to Louvre". The New York Times. 19 de outubro de 1921.
- ↑ "WolframAlpha conversion".
- ↑ ""Blue Boy's" Transfer Begins in Secrecy" (PDF). The New York Times. 26 de xaneiro de 1922. Consultado o 7 de decembro de 2009.
- ↑ "The Invincible Robert Rauschenberg". Obit Magazine. 16 de maio de 2008. Arquivado dende o orixinal o 22 de xullo de 2009. Consultado o 6 de decembro de 2009.
- ↑ "Sharen Davis Costume Interview: Django Unchained". Clothes on Film (en inglés). 2013-01-01. Consultado o 2021-01-11.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: O Mozo Azul |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Conisbee, Philip (2003). "The Ones That Got Away". En Verdi, Richard. Saved! 100 Years of the National Art Collection Fund. Londres: Scala.
- Conlin, Jonathan (2006). The Nation's Mantelpiece: A history of the National Gallery. Londres: Pallas Athene.
- Morales y Marín, José Luis (1989). Historia Universal del Arte. Barroco y Rococó.Volumen VII (en castelán). Barcelona: Planeta. ISBN 84-320-6687-7.
- Thicknesse, Philip (1790). Life of Sir Thomas Gainsborough.
- Tyler, David (2004). "Jonathan Buttall". Oxford Dictionary of National Biography. Oxford: Oxford University Press.
