Borislav Stanković

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Borislav Stanković
Posición Pivote
Altura -
Nacemento 9 de xullo de 1925 Bihać
Carreira
Tempadas 19461953
Internacional 27 veces
Equipo(s)
Estatísticas (ACB)
{{{stat1label}}}     {{{stat1value}}}
{{{stat2label}}}     {{{stat2value}}}
{{{stat3label}}}     {{{stat3value}}}
Premios
Adestrador

Borislav Stanković, nado o 9 de xullo de 1925 en Bihać, Reino de Iugoslavia é un ex-xogador de baloncesto serbio, adestrador profesional e membro da FIBA e do Comité Olímpico Internacional retirado. Recoñecéuselle a súa labor por este deporte ao incluir o seu nome no Basketball Hall of Fame e ao outorgárselle o cargo de secretario xeral emérito da Federación Internacional de Baloncesto.[1]

Carreira[editar | editar a fonte]

Xogador[editar | editar a fonte]

Licenciado en veterinaria pola Universidade de Belgrado, escalou posicións como deportista xuvenil e universitario até a súa participación e posterior victoria de dous títulos nacionais co KK Crvena zvezda. Como xogador, foi seleccionado até en 36 ocasións para representar a Iugoslavia, incluíndo o seu xogo inaugural para a Copa Mundial da FIBA en Buenos Aires no ano 1950.

Carreira administrativa e promoción do baloncesto[editar | editar a fonte]

A súa carreira administrativa comezou como membro da mesa central da Federación Iugoslava de Baloncesto (YBF) no ano 1953, don Stanković logrou ascender rangos a nivel nacional e internacional nun breve período de tempo até serlle ofrecido o cargo de vice-secretario xeral da FIBA no ano 1960, así como secretario xeral da YBF no 1966.

Así mesmo foi neste ano no que definitivamente adicou o seu esforzo laboral a tempo completo ao baloncesto, terminando cunha carreira compaxinada como inspector de carne en Belgrado.

En 1976, don Stanković substituíu a William Jones como secretario xeral da FIBA, posición que lograría manter por 28 anos. Como fan declarado do baloncesto norteamericano viaxou por primeira vez aos EUA en 1974. Sen dominio do inglés pero xa con experiencia de adestrador, no seu país e en Italia, traballou como olleiro e analista en representación da FIBA e dos intereses do baloncesto internacional. A década dos 70 considérase pola prensa como un tempo onde a FIBA carecía da capacidade de negociación que tivo en décadas posteriores.[2]

Naquel entón a administración estadounidense non permitía a competición de baloncestistas profesionais nos xogos olímpicos, en contraposición co resto de países. A negociación de Stanković con ambas administracións, FIBA e NBA, conseguiu desbloquear a norma que só permitía a selección de xogadores universitarios para o equipo olímpico estadounidense e así, no 1992, xogadores profesionais da NBA formaron o coñecido como Dream Team como participación nos Xogos Olímpicos de Barcelona, incrementando a calidade da competición no baloncesto internacional.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

  1. Borislav Stanković(en inglés)
  2. Borislav Stanković(en inglés)