Nova Athos
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde decembro de 2014.) |
Афон Ҿыц (ab) ახალი ათონი (ka) | |||||
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Territorio reivindicado por | República de Abkhazia e Xeorxia | ||||
Estado non recoñecido | República de Abkhazia | ||||
District of Abkhazia (en) | Distrito de Gudauta | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 1.518 (2011) | ||||
Lingua oficial | Lingua abkhaza lingua rusa | ||||
Creación | século III | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 6900 | ||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | 0444 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | Arzamas (pt) Calasetta (pt) Sarov (pt) Riazan (pt) Serguiev Possad (pt) (2007–) Sremski Karlovci (pt) (2014–) | ||||
Nova Athos (en xeorxiano: ახალი ათონი, Akhali Atoni; en Abkhazo: Афон Ҿыц, Afon Ch'yts; en Grego: Νέος Άθως, Neos Athos) é unha cidade no distrito de Gudauta, Abkhazia. Está sitúada a 22 km da capital do país, Sukhumi, na costa do Mar Negro. A cidade tamén tivo outros nomes no pasado: Nikopol, Acheisos, Anakopia, Nikopia, Nikofia, Nikopsis, Absara e Psyrtskha. A Cova de Nova Athos é unha das principais atraccións de Abkhazia.
Historia
[editar | editar a fonte]A antiga cidade portuaria grega de Anacopia foi asentada no mesmo lugar no século III. As súas ruínas son aínda visíbeis. No século V, os xeorxianos construíron unha fortaleza no alto da Montaña de Iveria. Anacopia foi a capital do Principado de Abkhzia na orbita do Imperio Bizantino e despois do Reino de Abkhazia despois de que o arconte León II declarárase a si mesmo rei no século VIII. Máis tarde, a capital mudaríase a Kutaisi.
Anacopia foi cedida ao Imperio bizantino por Demetrio de Anacopia no ano 1033, pero foi retomada polos xeorxianos no 1082 entre outros territorios de Xeorxia como resultado da derrota bizantina na Batalla de Manzikert frete á Dinastía Selxúcida.
Monumentos
[editar | editar a fonte]Mosteiro
[editar | editar a fonte]Os monxes rusos chegaron ao Cáucaso en 1874 dende o sobrepoboado Mosteiro de San Panteleimon no Monte Athos para buscar un posíbel lugar de reasentamento. Temeron que o Imperio Otomán expulsase aos rusos do Monte Athos despois do estalido da Guerra Ruso-Turca de 1877-1878. Seleccionaron Psyrtsja, e construíron na década de 1880 o Mosteiro de Nova Athos en estilo neobizantino, dedicándoo a Simón o Celote. Foron financiados polo tsar Alexandre III de Rusia.
A vista do Mosteiro de Nova Athos dende o mar, é un popular destino dos turistas rusos que viaxan a Abkhazia.
Central hidroeléctrica
[editar | editar a fonte]Nova Athos ten unha pequena central hidroeléctrica e lago artificial no río Psyrtskha, preto da antiga Igrexa de San Simón, o Celote. A central foi construída polos monxes do mosteiro entre 1892 e 1903. Permaneceu avariada por máis de corenta anos antes de ser reparada de novo, foi re-inaugurada o 4 de xuño de 2012. Produce unha estimación de 100 kW por hora.
Cova de Nova Athos
[editar | editar a fonte]A Cova de Nova Athos é unha cova cárstica na Montaña de Iveria, a poucos km da cidade.
Xeografía
[editar | editar a fonte]Localizada entre o Mar Negro e a Montaña de Iveria, Nova Athos está a 17 km de Gudauta, 22 km de Sukhumi, 84 km da fronteira con Rusia e a 119 km de Sochi.
Cidades irmandadas
[editar | editar a fonte]Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Igrexa de Simón o Celote en Nova Athos.
-
Fortaleza de Anacopia.
-
Estación de ferrocarril de Nova Athos.
-
Cova de Nova Athos.
-
Capela.
-
Mosteiro de Nova Athos.