Noshaq
Tipo | montaña ![]() | |||
---|---|---|---|---|
Localización | ||||
Continente | Asia ![]() | |||
División administrativa | Badaghxán, Afganistán e Khyber Pakhtunkhwa, Paquistán ![]() | |||
| ||||
Cordilleira | Hindu Kush ![]() | |||
Características | ||||
Altitude | 7.492 m ![]() | |||
Prominencia topográfica | 2.024 m ![]() | |||
Illamento topográfico | 18,89 km ![]() | |||
Historia | ||||
Cronoloxía | ||||
1960 | primeira ascensión ![]() | |||
O Noshaq (tamén chamado Nowshak ou Nōshākh; urdú/persa/paxto: نوشاخ) é unha montaña que con 7.492 metros conforma a maior altura de Afganistán. O pico está xusta na fronteira entre ese país e Paquistán.
Situación
[editar | editar a fonte]O pico está situado na cadea mntañosa do Hindu Kush, do cal é a segunda montaña máis elevada a continuación do Tirich Mir (7.690 m). O Noshaq està situado na liña Durand que delimita a fronteira entre Afganistán e Paquistán. Sitúase ao nordeste do primeiro país e a noroeste do segundo.
Ascensións
[editar | editar a fonte]A primeira escalada da cima do Noshaq realizouse en 1960, empresa que foi levada a cabo por Toshiaki Sakai e máis Goro Iwatsuboa, membros dunha expedición xaponesa. Utilizaron unha ruta da ladeira suroeste.
A primeira ascensíón invernal foi realizada no 1973, por Tadeusz Piotrowski e Andrzej Zawada, membros dunha expedición polaca, e subiron pola cara norte. Fiu a primeira ascensión en inverno dunha cima de máis de 7.000 m.