Norma

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O termo norma (do latín, "regra"), ten numerosas acepcións:

  1. Norma (dereito), unha norma xurídica é unha regra ou ordenación do comportamento ditada por autoridade competente, cuxo incumprimento trae aparellado unha sanción;
  2. en socioloxía, unha norma social é un regra á que se deben axustar as condutas, tarefas e actividades do ser humano nunha determinada sociedade; o conxunto das mesmas compón a parte moral ou ética da cultura;
  3. un caso específico pero destacado das normas sociais son as normas sexuais;
  4. Norma (tecnoloxía), unha norma (convención) ou padrón é unha especificación que regulamenta procesos e produtos para garantir a interoperabilidade;
  5. Norma de calidade é unha regra ou directriz para as actividades, deseñada co fin de conseguir un grao óptimo de orde no contexto da calidade;
  6. Normas GMP (do inglés, Good Manufacturing Practice): As normas GMP son un conxunto de normas e procedementos a seguir na industria farmacéutica para conseguir que os produtos sexan fabricados de xeito consistente e acorde a certos estándares de calidade;
  7. Normalización lingüística é o fomento da expansión no uso dunha lingua minorizada en ámbitos nos que normalmente non está presente;
  8. Normalización técnica ou estandarización é a redacción e aprobación de normas industriais, unha tarefa a cargo de varias institucións internacionais (ISO), nacionais (DIN alemás, BS británicas, AENOR para as UNE españolas) ou mesmo sectoriais (automóbiles, aviación, informática);
  9. Normativización ou estandarización é a fixación dunha variedade estándar (normalmente chamada normativa na tradición sociolingüística galega pero norma noutras escolas) dunha lingua para o seu uso oficial ou institucional;
  10. Norma (informática): a normalización dunha base de datos consiste en aplicar unha serie de regras ás relacións para evitar a redundancia dos datos e protexer a súa integridade;
  11. Norma (química), a normalidade é unha medida da concentración dunha especie en disolución;
  12. Norma (matemáticas), existen:
    1. o operador norma, que é unha aplicación que mide dalgún xeito o "tamaño" dos vectores nun espazo vectorial.
    2. a aplicación norma euclídea, que é a característica definitoria dos dominios euclídeos.
  13. Astronomía: Norma é unha constelación menor do hemisferio sur preto de Scorpius, na Vía Láctea;
  14. Normas de Castellón; Son unhas normas ortográficas elementais, que seguen basicamente, as normas fabrianas, adaptadas ao valenciano.
  15. Norma é ademais un nome de muller; entre as chamadas Norma atópanse
    1. Norma (ópera): A prtagonista dunha ópera en dous actos con música de Vincenzo Bellini e libreto de Felice Romani, estreada na Scala de Milán o 26 de decembro de 1831;
    2. Norma Aleandro, unha actriz de teatro e cine arxentina nacida en Bos Aires o 2 de maio de 1936;
    3. Norma Arrostito, unha dirixente política xuvenil arxentina que xunto á súa parella Fernando Abal Medina integrou a cúpula fundacional da organización armada Montoneros;
    4. Norma Duval, unha actriz española de musical;
    5. Norma Jean Baker, máis coñecida como Marilyn Monroe, unha actriz estadounidense nacida nos Anxos (California), e que chegou a ser un símbolo sexual dos anos 1950.
  16. Finalmente, Norma Editorial é unha empresa española independente dedicada á edición de cómics.