Norma Aleandro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaNorma Aleandro

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento2 de maio de 1936 Editar o valor em Wikidata (87 anos)
Buenos Aires, Arxentina Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeArxentina Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióndirector teatral , escritora , actriz de cinema , actriz de teatro , guionista Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1952 Editar o valor em Wikidata -
ProfesoresSusana Naidich Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
ParellaOscar Ferrigno Editar o valor em Wikidata
FillosOscar Ferrigno Jr. (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaisPedro Aleandro Editar o valor em Wikidata  e María Luisa Robledo Editar o valor em Wikidata
IrmánsMaría Vaner Editar o valor em Wikidata
Premios

IMDB: nm0001903 Allocine: 3304 Rottentomatoes: celebrity/norma_aleandro Allmovie: p775 Editar o valor em Wikidata

Norma Aleandro, nada en Buenos Aires o 2 de maio de 1936, é unha actriz, guionista e directora de teatro arxentina.

Protagonizou La historia oficial (1985), primeiro filme arxentino que gañou o Oscar ao mellor filme en lingua non inglesa e polo que ela recibiu o premio do Festival de Cannes á mellor actriz. Pola súa interpretación en Gaby: a True Story (1989) converteuse na primeira actriz arxentina en ser candidata ao Óscar.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Inicios[editar | editar a fonte]

Filla dos actores Pedro Aleandro e María Luisa Robledo, e irmá máis nova de María Vaner, fixo os seus primeiros papeis á idade de 9 anos no teatro Smart, cos seus pais.

Máis tarde integrou o elenco de Las dos carátulas, por Radio Nacional e despois, mentres realizaba teatro independente no Instituto de Arte Moderna, debutou no cinema en 1957 con La muerte en las calles, de Leo Fleider.

En teatro actuou en obras de Eurípides, Molière, Lope de Vega, Cervantes, Tirso de Molina, Tennessee Williams e Arthur Miller. En 1959 participou no programa Historia de jóvenes transmitido por Canal 7 que recibiu o Premio Martín Fierro dese ano na categoría de telenovela.[1]

Na década de 1960 tivo participacións especiais en filmes como El último piso, con Santiago Arrieta e Gente conmigo, con Milagros de la Vega e destacou en La fiaca, de Ricardo Talesnik (1969). Nesa década comezou a participar na televisión en series como Romeo y Julieta, El amor tiene cara de mujer e Cuatro mujeres para Adán, entre outras.

Teatro e televisión[editar | editar a fonte]

Aleandro xunto a Alfredo Alcón no filme de 1971, Güemes, la tierra en armas.

Durante a década de 1970 foi parte do grupo Gente de Teatro (el Clan Stivel), dirixido por David Stivel, actuando no programa Cosa juzgada con guións de Juan Carlos Gené e Martha Mercader,[2] que entre 1969 e 1972 foi un dos programas claves da televisión arxentina deses anos; o grupo integrado por Bárbara Mujica, Marilina Ross, Carlos Carella, Federico Luppi, Emilio Alfaro e Juan Carlos Gené[3][4] recibiu premios e altos índices de audiencia, ao que se sumou a serie de humor Nosotros los villanos.

En 1970 dirixiu Stivel a súa única longametraxe, Los herederos, cun guión escrito xunto a Norma Aleandro e que foi presentado no Festival de Berlín.

En 1989 foi invitada ao programa Cordialmente onde a cantante e actriz Marilina Ross lle dedicou un tema composto por ela mesma titulado Norma de vida.

Protagonizou varios filmes xunto a Alfredo Alcón, Julio De Grazia e Carlos Carella como Güemes, la tierra en armas e No toquen a la nena.

De gran carreira teatral, actuou en Beckett, El círculo de tiza caucasiano, De rigurosa etiqueta, Mi querido mentiroso, La Piaf.

Exilio e regreso[editar | editar a fonte]

Ameazada pola Tripla A da ditadura militar imposta na Arxentina, en 1975, Aleandro debeu exiliarse primeiro no Uruguai onde fixo Medea e logo en España, onde continuou a súa carreira con filmes como Tobi e Las verdes praderas.

Despois de seis anos, regresou ao seu país en 1981 para protagonizar a estrea mundial da obra teatral La señorita de Tacna, de Mario Vargas Llosa. Posteriormente filmou La historia oficial, con Héctor Alterio, pola que gañou o premio á mellor actriz nos festivais internacionais de Cannes e Cartagena; tamén obtivo unha mención no festival de Chicago, premios de asociacións de críticos internacionais e foi elixida mellor actriz de 1985 pola Asociación de Cronistas Cinematográficos da Arxentina. Ela mesma xunto a Jack Valenti foron os presentadores da categoría de Mellor Filme Estranxeiro na cerimonia dos Premios Óscar de 1985, na que resultou gañadora La historia oficial.

Actuou tamén en Hollywood xunto a Lee Remick, Anthony Hopkins e Liv Ullmann. Polo seu labor no filme Gaby: A True Story foi candidata ao Óscar e ao Globo de Ouro como mellor actriz secundaria.

Na década de 1990 Sol de otoño, pola que foi premiada como mellor actriz nos festivais internacionais de Donostia e A Habana e recibiu por segunda vez o premio dos cronistas arxentinos.

En 1997 e 2012 personificou a Maria Callas na peza Master class.

Norma xunto a Francisco Rinaldi, en 1998.

En 2001 actuou xunto con Ricardo Darín e Héctor Alterio en El hijo de la novia, que foi un grande éxito recibiendo ela mesma ese ano o Premio Konex de Brillante. Protagonizou os filmes Cleopatra, Seres queridos, Cama adentro, Identidad perdida, compuxo unha personaxe de voz en Patoruzito, la gran aventura, actuou con Natalia Oreiro e Diego Peretti en Música en espera e con Alejandra Manzo e Leonor Manso en Anita.

En 2009 protagonizou a obra teatral Agosto, con Mercedes Morán.

En 2012 apareceu na nova ficción de Pol-ka Producciones para Canal 13 Lobo xunto a Gonzalo Heredia. Ademais formou parte do elenco de En terapia, ficción de Canal 7 protagonizada por Diego Peretti, Julieta Cardinali, Germán Palacios, Leonardo Sbaraglia, Dolores Fonzi e Ailín Salas. Nela interpreta a Lucía Aranda, supervisora de Guillermo.

En 2004 foi designada como a primeira presidenta da Academia das Artes e Ciencias Cinematográficas da Arxentina.

En 2014 foi homenaxeada na Cámara de Diputados da Nación Arxentina pola súa traxectoria e mérito[5][6] e recibiu un doutoramento honoris causa por parte da UADE.[7]

O 8 de setembro de 2016, regresou ao teatro con "Pequeñas patriotas", xunto con Adriana Aizemberg.

Vida privada[editar | editar a fonte]

Estivo casada con Oscar Ferrigno e o seu fillo é o actor Oscar Ferrigno (fillo). Tamén ten un neto, o músico Ivan Ferrigno. Dende 1982 a súa parella é o médico Eduardo Le Poole.

Filmografía[editar | editar a fonte]

Guionista[editar | editar a fonte]

Intérprete[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Nielsen, Jorge (2004). La magia de la televisión argentina 1951-1960. Buenos Aires: Edicións do Jilguero. pp. 157-159. ISBN 987-9416-06-6. 
  2. Magicas Ruinas
  3. Página 12
  4. "Cosa juzgada" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 24 de abril de 2013. Consultado o 30 de outubro de 2018. 
  5. Homenaxe a diversas personalidades, Presidencia da Nación, 28 de marzo de 2014
  6. Homenaxe a diversas personalidades en Pasos Perdidos
  7. La Nación

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]