Saltar ao contido

Norm Maxwell

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaNorm Maxwell
Biografía
Nacemento5 de marzo de 1976 Editar o valor en Wikidata (49 anos)
Rawene, Nova Zelandia (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Altura198 cm Editar o valor en Wikidata
Peso106 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónxogador de rugby Editar o valor en Wikidata
Período de actividade - 2006 Editar o valor en Wikidata
Deporterugby a 15 Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoSegunda liña Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
Barbarian FC
New Zealand national schoolboy rugby union team
New Zealand national under-19 rugby union team
1999–2004   Selección de rugby de Nova Zelandia 36(25)

Norman Michael Clifford Maxwell, nado o 5 de marzo de 1976 en Rawene, é un xogador de rugby neozelandés. Mide 1.98m e pesa 106kg. A súa posición habitual é de lock (segunda liña).

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Xogou no Canterbury Rugby Football Union na NPC e tamén nos Crusaders no Super 12, formando parte do equipo que finalizou a liga imbatido no 2002. Actualmente xoga no equipo galego do Vigo Rugby Club da cidade olívica, equipo ao que chegou a finais da tempada 2010-11

Nova Zelandia

[editar | editar a fonte]

Xogou no equipo de Nova Zelandia escolar en 1994, na sub-19 en 1995 e na sub-21 en 1996 e 1997. Maxwell xogou tamén no equipo de New Zealand Măori en 1997-98. Foi nomeado mellor xogador Măori en 1999. Debutou cos All Blacks o 18 de xuño de 1999 contra Samoa, ao longo da súa traxectoria na selección neozelandesa anotou cinco ensaios, incluído un ensaio no partido contra Tonga na Copa do Mundo de Rugby 1999. Xogou tamén para os Barbarians británicos fronte a Suráfrica. Xogou o seu último partido cos All Blacks fronte a Francia o 27 de novembro do 2004.

Estatísticas cos All Blacks

[editar | editar a fonte]

Primeira cap: 18 de xuño de 1999
Última cap: 27 de novembro do 2004
Total de partidos: 36 (0 como Capitán)
Puntos totais: 25pts (5t, 0c, 0p, 0dg, 0m)
Partidos cos All Blacks por ano: 11 en 1999, 9 no 2000, 10 no 2001, 4 no 2002 e 2 no 2004.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]