Saltar ao contido

Nonmesquezas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Miosotis ou Myosotis, coñecida comunmente como nonmesquezas[1], é un xénero de plantas pertencente á familia Boraginaceae. Compútanse unhas 50 especies con grande variación entre elas, mais a maioría posúe pequenas flores de 1 cm de diámetro con cinco pétalos azuis que crecen nos extremos dos talos en ramalletes. Son moi populares nos xardíns como planta ornamental.

Descrición

[editar | editar a fonte]

Poden ser plantas anuais ou perennes con pequenas sementes. A maioría das especies son endémicas de Nova Zelandia, aínda que hai dúas especies europeas, en especial M. sylvatica que se estendeu por todas as rexións temperadas de Europa, Asia e América. Tamén se poden encontrar nas zonas de alta montaña de Tenerife (Illas Canarias), concretamente na laurisilva do Teide. [2]

Taxonomía

[editar | editar a fonte]

O xénero foi descrito por Carl von Linné e publicado en Species Plantarum 1: 131. 1753.[3] A especie tipo é: Myosotis scorpioides L.

Especies seleccionadas

[editar | editar a fonte]
  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para Nonmesquezas.
  2. Nonmesquezas en PlantList
  3. "Nonmesquezas". Tropicos.org. Missouri Botanical Garden. Consultado o 21 de setembro de 2013. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  1. Idárraga-Piedrahita, A., R. D. C. Ortiz, R. Callejas Posada & M. Merello. (eds.) 2011. Fl. Antioquia: Cat. 2: 9–939. Universidad de Antioquia, Medellín.
  2. Luteyn, J. L. 1999. Páramos, a checklist of plant diversity, geographical distribution, and botanical literature. Mem. New York Bot. Gard. 84: viii–xv, 1–278.
  3. Nasir, E. & S. I. Ali (eds). 1980-2005. Fl. Pakistan Univ. of Karachi, Karachi.