Nome, Alasca

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Nome, Alaska")
Vista da Cidade
Situación dentro de Alasca

Nome é unha cidade localizada no sur da península de Seward no Mar de Bering, no estado de Alasca, Estados Unidos. De acordo ás estimacións do censo do 2005, a poboación da cidade era de 3.590 habitantes. Nome foi incorporada en 1901 e algunha vez foi a cidade máis poboada de Alasca.

A cidade reclama ser o fogar da batea para lavar ouro máis grande do mundo, aínda que tamén é disputado pola cidade de Quesnel, na Columbia Británica, Canadá.

Historia[editar | editar a fonte]

No inverno de 1925, a área da cidade sufriu por mor dunha epidemia de difteria. O clima impediu que se puidese traer axuda por aeroplano, así que un grupo de cans de trineo foi organizado para viaxar até Anchorage e regresar cos medicamentos. Para conmemorar este histórico evento, cada ano organízase unha carreira de trineos de cans. O condutor do trineo no último lapso foi Gunnar Kaasen, e o can capitán do trineo foi Balto. Unha estatua de Balto localízase preto do zoolóxico en Central Park, na cidade de Nova York. Leonhard Seppala correu o penúltimo e máis longo tramo do percorrido, e o seu can, Togo, é considerado como o heroe esquecido do percorrido a Nome. outro dos seus cans, Fritz, é preservado en exhibición no Museo Memorial Carrie M. McLain en Nome.

A estatua ao can heroe de 1925, Balto

Nome de "Nome"[editar | editar a fonte]

A orixe do nome da cidade "Nome" é disputado.

O nome da cidade pode vir dun punto de terra localizado 19 km. ao sur da cidade. Cabo Nome recibiu o seu nome por erro, cando un cartógrafo británico copiou erroneamente nun mapa unha anotación feita por un oficial británico nunha viaxe polo Estreito de Bering. O oficial escribiu "Name" preto do cabo sen nome. O cartógrafo entendeu a anotación como "C. Nome", ou Cabo Nome (Cape Nome), e usou o nome no mapa.

Outras investigacións indicaron que "Nome" é un nome usado tamén en países escandinavos desde tempo antes da situación anterior, como en Noruega.

"Nome" tamén foi unha subdivisión política no Antigo Exipto. Nome tamén aparece de maneira inexplicada no centro de California onde hai unha reserva para nativos americanos desprazados.

En febreiro de 1899, os mineiros locais e os comerciantes votaron para cambiar o nome de Nome por Anvil City, debido á confusión con Cape Nome, e co Río Nome. O servizo postal dos Estados Unidos rexeitou o cambio. Os comerciantes aceptaron de mala gana regresar o nome a Nome.

Comunicación[editar | editar a fonte]

En Nome atópanse 2 estacións de radio, a KNOM (780 AM, 96.1 FM) e a KICY (850 AM, 100.3 FM), máis unha repetidora da KSKA, K216BN, en 91.3 FM de Anchorage.

A televisión por cable e a internet de banda ancha son ofrecidos por GCI, que ofrece todas as canles populares, mais algúns das estacións televisivas de Anchorage. Tamén aquí hai tres estaciones televisivas, K09OW canle 9, e K13UG canle 13.

Nome é tamén o lugar de orixe do xornal máis antigo de Alasca, o Nome Nugget.