Saltar ao contido

Ningún de nós ha volver

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Ningún de nós ha volver
 Instancia de
 Título
Aucun de nous ne reviendra (fr) Editar o valor en Wikidata
Características
 Tema principal
 Edicións en galego
(10 de marzo de 2022) Ningún de nós ha volver Editar o valor en Wikidata
 Lingua orixinal
Datas
 Data de publicación
1965 Editar o valor en Wikidata
Localización
 País de orixe
Códigos e identificadores
Open LibraryOL9967945W Editar o valor en Wikidata
Wikidata

Ningún de nós ha volver (en francés: Aucun de nous ne reviendra) é unha novela da escritora francesa Charlotte Delbo. Trátase do primeiro de tres tomos que constitúen o libro titulado Auschwitz et après. Escribiuno en 1946 e foi publicado case vinte anos despois, en 1965. O seguinte tomo, Une connaissance inutile, publicouse en 1970 e o último, Mesure de nos jours, en 1971.

A autora, a través de capítulos breves que non seguen unha orde cronolóxica, relata a súa experiencia dende que foi deportada a Auschwitz en 1943 até a súa liberación. O libro está escrito en primeira persoa de plural, sendo o "nós" tanto as mulleres foron deportadas con Delbo dende Francia, como os prisioneiros polacos cos que simpatizaba ou os deportados xudeus destinados a morrer rapidamente.

Comezou a escribilo nun caderno uns seis meses despois de volver a Francia, tan pronto como mellorou de saúde.[1] Pasou o manuscrito a limpo[2] e levouno consigo en tódalas viaxes que fixo durante vinte anos antes de decidirse a publicalo en 1965.

En marzo de 2022 foi traducido ao galego por Sergio Gómez Blanco e publicado pola editorial Rinoceronte.

Argumento

[editar | editar a fonte]

Segundo Marie-Claude Vaillant-Couturier, que foi deportada con ela, Charlotte Delbo describe neste libro as impresións que tivo durante a súa deportación. Relata en particular as horas que pasaba de pé ao frío durante a revisión da lista, ou a anguria creada pola sede extrema que adoitaba sentir no campo de concentración.

  1. Émission Nous autres sur France Inter publicado o 25 de xaneiro de 2013.
  2. Hatzfeld, Jean (17 de maio de 2014). "L'Urgence Charlotte Delbo". Le Monde des livres. Consultado o 4 de xaneiro de 2023..

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Charlotte Delbo : une voix singulière de Nicole Thatcher, L'Harmattan, 2003

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]