Nikon

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Nikon Corporation
Nikon Logo.svg
Nikon WestBuilding.jpg
Sede de Nikon en Toquio, Xapón.
TipoEmpresa privada
Fundación1917
LocalizaciónToquio, Flag of Japan.svg Xapón
IndustriaÓptica, fotografía
ProdutosInstrumentos de precisión, cámaras fotográficas, microscopios e prismáticos
Na rede
https://www.jp.nikon.com/
Facebook: nikon Twitter: nikondotcom Instagram: nikonaustralia Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Nikon Corporation é unha empresa xaponesa adicada á fabricación de cámaras fotográficas, prismáticos, microscopios e instrumentos de medición, sendo unha das empresas líderes neste sector.

Historia[editar | editar a fonte]

A sociedade foi creada en 1917, co nome de Nippon Kōgaku Kōgyō Kabushikigaisha (en xaponés: 日本光學工業株式會社), produto da unión de dúas sociedades líderes no sector da óptica. A sociedade especializouse na construción de lentes e instrumentos de precisión para cámaras fotográficas, binóculos, microscopios e instrumentos de medición. Durante a Segunda Guerra Mundial Nikon converteuse en provedora de binóculos, microscopios e outros instrumentos ópticos para o exército xaponés, e creceu ata contar con 19 establecementos industriais e 23 000 empregados. Finalizada a guerra, regresa a súa produción civil, reducindose a unha soa fábrica e 1 400 empregados.

En 1946 a empresa muda o seu nome a Nikon, da unión de Nippon Kōgaku (óptica xaponesa) e Ikon.

Fotografía dixital[editar | editar a fonte]

Nikon creou algunhas das súas primeiras cámaras SLR dixitais para a NASA, utilizadas no transbordador espacial dende 1991.[1] Despois dunha asociación con Kodak na década de 1990 para producir cámaras SLR dixitais baseadas en corpos de cámaras Nikon existentes, en xuño de 1999 a compañía lanzaría baixo a súa marca a Nikon D1.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Nikon NASA F4". Revolvy (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 12 de setembro de 2019. 
  2. "The Nikon D1". Nikon Corporation (en inglés). Archived from the original on 12 de novembro de 2006. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]