Nikola Milinković
Milinković | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Nikola Milinković | ||
Nacemento | 19 de marzo de 1968 | ||
Lugar de nacemento | Sanski Most | ||
Altura | 1,92 m. | ||
Posición | Centrocampista | ||
Carreira xuvenil | |||
Radnički Zdena | |||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
1991–1993 | Bečej | 58 | (24) |
1993–1995 | Lleida | 60 | (12) |
1995–1996 | Almería | 32 | (10) |
1996–1997 | Chaves | 39 | (8) |
1997–1999 | Ourense | 34 | (4) |
1999–2001 | Alverca | 61 | (15) |
2001–2004 | Grazer AK | 38 | (6) |
2004–2005 | ASK Schwadorf | (12) | |
2005 | Radnički Niš | ||
2006 | Markt Hartmannsdorf | 8 | (2) |
Partidos e goles só en liga doméstica. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Nikola Milinković (en serbio: Никола Милинковић), nado en Sanski Most o 19 de marzo de 1968, é un ex futbolista serbio que xogaba como centrocampista.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Naceu en Sanski Most, na entón República Socialista de Bosnia e Hercegovina, dentro de Iugoslavia, e comezou a xogar ao fútbol no Radnički Zdena. Xusto antes de comezar a guerra de Bosnia trasladouse a Serbia e alí xogou dous anos no FK Bečej, antes de se mudar a España.
En 1993 fichou polo Lleida, co que debutou na Primeira División na terceira xornada da tempada 1993/94 contra o Rayo Vallecano. Marcou o seu primeiro gol en España na seguinte xornada, contra o Logroñés nas Gaunas, onde bateu ao gardameta Julen Lopetegui. Disputou un total de 31 partidos esa tempada, 26 deles de liga e 5 de Copa do Rei, e marcou seis goles, pero o equipo acabou descendendo. Xogou unha tempada máis co club catalán na Segunda División, disputando a promoción de ascenso, e a continuación fichou polo Almería, tamén de Segunda. Xogou unha tempada no club andaluz, onde foi o máximo goleador do equipo con 12 tantos.
En 1996 fixo a súa primeira incursión no fútbol portugués, fichando polo Chaves, que militaba na Primeira Liga. Disputou 39 partidos de liga nunha tempada e media co club portugués, anotando 8 goles. En decembro de 1997 chegou a Galicia, onde fichou polo Ourense, adestrado por Luis Rodríguez Vaz. No equipo ourensán fíxose coa titularidade no que restaba de tempada e logrou o obxectivo da permanencia. Na tempada 1998/99 contou con poucos minutos e deixou o equipo antes do remate da campaña. Regresou a Portugal e xogou dúas tempadas e media co Alverca na máxima categoría.
En 2001 trasladouse a Austria, onde xogou no Grazer AK, co que gañou a Bundesliga austríaca e dúas Copas de Austria, e no ASK Schwadorf, antes de regresar en 2005 a Serbia para militar no Radnički Niš.[1] Retirouse no USV Markt Hartmannsdorf austríaco en 2006.[2]
Vida persoal[editar | editar a fonte]
Casou coa xogadora profesional de baloncesto Milana Savić e é pai dos futbolistas Sergej Milinković-Savić e Vanja Milinković-Savić e da xogadora de baloncesto Jana Milinković-Savić.[3]
Palmarés[editar | editar a fonte]
Grazer AK
- Bundesliga austríaca (1): 2003/04
- Copa de Austria (2): 2001/02, 2003/04.
- Supercopa de Austria (1): 2002.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Estatísticas". ForaDeJogo (en portugués). Arquivado dende o orixinal o 05 de novembro de 2020. Consultado o 29 de outubro de 2021.
- ↑ "Estatísticas de Milinković en Austria". Asociación Austríaca de Fútbol (en alemán). Consultado o 29 de outubro de 2021.
- ↑ "Vanja Milinković-Savić za “Sport”: Da sam ostao napadač danas bih bio u Realu!" (en bosníaco). 1 de xaneiro de 2015. Consultado o 29 de outubro de 2021.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Datos do xogador en WorldFootball.net (en inglés).
- Datos do xogador en BDFutbol (en castelán).
- Datos do xogador en Transfermarkt (en inglés).