Vanja Milinković-Savić

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Milinković-Savić
Información persoal
Nome Vanja Milinković-Savić
Nacemento 20 de febreiro de 1997
Lugar de nacemento Ourense
Altura 2,03 m.
Posición Porteiro
Información de club
Club actual Torino
Número 32
Carreira xuvenil
Grazer AK
2006–2014 Vojvodina
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2014–2015 Manchester United 0 (0)
2014–2015 Vojvodina 17 (0)
2016–2017 Lechia Gdańsk 29 (0)
2017– Torino 40 (0)
2018–2019 SPAL 2 (0)
2019 Ascoli 8 (0)
2019–2020 Standard de Liège 0 (0)
Selección nacional
2013–2014 Serbia sub-17 6 (0)
2014–2016 Serbia sub-19 9 (0)
2014–2015 Serbia sub-20 3 (0)
2016–2017 Serbia sub-21 9 (0)
2021– Serbia 6 (0)
Na rede
Instagram: vanja_32 FIFA: 385538 UEFA: 250065792 Editar o valor em Wikidata
Partidos e goles só en liga doméstica.
Club: actualizado a 29 de setembro de 2022.
Selección: actualizado a 29 de setembro de 2022.editar datos en Wikidata ]

Vanja Milinković-Savić (en serbio: Вања Милинковић-Савић), nado en Ourense o 20 de febreiro de 1997, é un futbolista galego-serbio que xoga como porteiro no Torino da Serie A.

É fillo do exfutbolista Nikola Milinković e irmán do tamén futbolista Sergej Milinković-Savić.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu en Ourense, durante a época na que o seu pai, Nikola Milinković, xogaba no CD Ourense.[1] Súa nai é Milana Savić, xogadora profesional de baloncesto. É irmán máis novo do centrocampista Sergej Milinković-Savić e da xogadora de baloncesto Jana Milinković-Savić.[2]

En abril de 2014 asinou o seu primeiro contrato profesional co Vojvodina, por tres anos. O 17 de maio de 2014, o Manchester United anunciou que o club chegara a un acordo co Vojvodina para o traspaso de Milinković-Savić. Ambos os clubs acordaron que o xogador quedaría no Vojvodina unha tempada máis. O acordo pechouse o 5 de agosto de 2014 por unha cifra de 1,75 millóns de euros.[3][4]

Debutou profesionalmente co Vojvodina o 10 de agosto de 2014, nunha vitoria por 3-0 ante o OFK Beograd.[5] Xogou completos os 15 partidos de liga na primeira parte da tempada 2014-15. Despois do parón invernal perdeu o seu posto como primeiro porteiro ante o máis experimentado Srđan Žakula, facendo só dúas aparicións máis na liga.

Tras non conseguir un permiso de traballo para xogar en Inglaterra, foi liberado polo Manchester United en novembro de 2015 e asinou un contrato de catro anos e medio co Lechia Gdańsk polaco. O contrato iniciouse o 1 de xaneiro de 2016.[6]

O 30 de xaneiro de 2017, o Torino anunciou a súa fichaxe, uníndose ao club en xullo.[7] Disputou os partidos da Copa Italia, mentres que nos de liga o gardameta titular foi Salvatore Sirigu. Estivo a piques de marcar un gol durante o partido de Copa contra o Carpi, no que lanzou unha falta no tempo de desconto que bateu no longueiro.[8] Debutou na Serie A na derradeira xornada contra o Genoa, con vitoria por 1-2, encaixando un gol anotado por Pandev.

No verán de 2018 saíu cedido ao SPAL por unha tempada.[9] No equipo de Ferrara o primeiro porteiro era Alfred Gomis, polo que só xogou dous partidos, nun dos cales foi expulsado ao recibir dous cartóns amarelos con poucos segundos de diferenza.[10]

En xaneiro de 2019 foi cedido ao Ascoli, da Serie B, ata final de tempada, onde disputou oito encontros.[11] Na seguinte tempada saíu de novo cedido, esta vez a Bélxica, ao Standard de Liège, co que non chegou a debutar en liga, pero si na Europa League, disputando tres encontros contra Vitoria de Guimarães, Arsenal e Eintracht Frankfurt.[12]

En xuño de 2021, o Torino anunciou a renovación do seu contrato até xuño de 2024.[13]

Selección nacional[editar | editar a fonte]

Milinković-Savić foi seleccionado para representar a Serbia no Campionato europeo da UEFA Sub-19 de 2014. Foi suplente de Predrag Rajković, e non chegou a disputar ningún minuto no torneo, no o seu equipo foi eliminado por Portugal na quenda de penaltis das semifinais.

Foi de novo suplente de Rajković na Copa do Mundo sub-20 de 2015, onde a selección serbia se proclamou campioa.[14]

Palmarés[editar | editar a fonte]

Serbia sub-20

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Vanja Milinković-Savić za “Sport”: Da sam ostao napadač danas bih bio u Realu!" (en bosníaco). 1 de xaneiro de 2015. Consultado o 29 de outubro de 2021. 
  2. "Braća Milinković-Savić biseri sa novosadskog asfalta" (en bosníaco). 6 de abril de 2014. Consultado o 29 de outubro de 2021. 
  3. "Zoran Šćepanović: Ponosni smo na našu omladinsku školu" (en serbio). 5 de agosto de 2014. Arquivado dende o orixinal o 08 de outubro de 2016. Consultado o 29 de outubro de 2021. 
  4. "Manchester United finalise deal for Serbian youngster" (en inglés). 5 de agosto de 2014. Consultado o 29 de outubro de 2021. 
  5. "Milinković Savić blista na golu, a Voši od Mančester Junajteda 10.000 evra po meču" (en bosníaco). 13 de agosto de 2014. Consultado o 29 de outubro de 2021. 
  6. "Vanja Milinković-Savić nowym bramkarzem Lechii Gdańsk. Szczegóły:" (en polaco). 26 de novembro de 2015. Consultado o 29 de outubro de 2021. 
  7. "Milinkovic-Savic al Toro" (en italiano). 1 de febreiro de 2017. Arquivado dende o orixinal o 03 de novembro de 2021. Consultado o 29 de outubro de 2021. 
  8. "Torino's goalkeeper almost breaks crossbar with 30-yard free-kick in Coppa Italia" (en inglés). 30 de novembro de 2017. Consultado o 29 de outubro de 2021. 
  9. "Milinkovic-Savic alla Spal in prestito secco" (en italiano). Consultado o 29 de outubro de 2021. 
  10. "El Roma vuelve a vivir altibajos: el SPAL triunfa en el Olímpico". As (en castelán). 20 de octubre de 2018. Consultado o 29 de outubro de 2021. 
  11. "UFFICIALE: Ascoli, dal Torino arriva Milinkovic-Savic". tuttomercatoweb.com (en italiano). Consultado o 29 de outubro de 2021. 
  12. "UFFICIALE: Torino, Milinkovic-Savic in prestito allo Standard Liegi". tuttomercatoweb.com (en italiano). Consultado o 29 de outubro de 2021. 
  13. "Milinkovic-Savic, contract extension until 2024" (en inglés). 15 de xuño de 2021. Arquivado dende o orixinal o 01 de novembro de 2021. Consultado o 29 de outubro de 2021. 
  14. "FIFA U-20 World Cup Poland 2019". FIFA (en inglés). 20 de xuño de 2015. Arquivado dende o orixinal o 20 de xuño de 2015. Consultado o 29 de outubro de 2021. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]