Nikola Milinković

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Milinković
Información persoal
Nome Nikola Milinković
Nacemento 19 de marzo de 1968
Lugar de nacemento Sanski Most
Altura 1,92 m.
Posición Centrocampista
Carreira xuvenil
Radnički Zdena
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1991–1993 Bečej 58 (24)
1993–1995 Lleida 60 (12)
1995–1996 Almería 32 (10)
1996–1997 Chaves 39 (8)
1997–1999 Ourense 34 (4)
1999–2001 Alverca 61 (15)
2001–2004 Grazer AK 38 (6)
2004–2005 ASK Schwadorf (12)
2005 Radnički Niš
2006 Markt Hartmannsdorf 8 (2)
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Nikola Milinković (en serbio: Никола Милинковић), nado en Sanski Most o 19 de marzo de 1968, é un ex futbolista serbio que xogaba como centrocampista.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu en Sanski Most, na entón República Socialista de Bosnia e Hercegovina, dentro de Iugoslavia, e comezou a xogar ao fútbol no Radnički Zdena. Xusto antes de comezar a guerra de Bosnia trasladouse a Serbia e alí xogou dous anos no FK Bečej, antes de se mudar a España.

En 1993 fichou polo Lleida, co que debutou na Primeira División na terceira xornada da tempada 1993/94 contra o Rayo Vallecano. Marcou o seu primeiro gol en España na seguinte xornada, contra o Logroñés nas Gaunas, onde bateu ao gardameta Julen Lopetegui. Disputou un total de 31 partidos esa tempada, 26 deles de liga e 5 de Copa do Rei, e marcou seis goles, pero o equipo acabou descendendo. Xogou unha tempada máis co club catalán na Segunda División, disputando a promoción de ascenso, e a continuación fichou polo Almería, tamén de Segunda. Xogou unha tempada no club andaluz, onde foi o máximo goleador do equipo con 12 tantos.

En 1996 fixo a súa primeira incursión no fútbol portugués, fichando polo Chaves, que militaba na Primeira Liga. Disputou 39 partidos de liga nunha tempada e media co club portugués, anotando 8 goles. En decembro de 1997 chegou a Galicia, onde fichou polo Ourense, adestrado por Luis Rodríguez Vaz. No equipo ourensán fíxose coa titularidade no que restaba de tempada e logrou o obxectivo da permanencia. Na tempada 1998/99 contou con poucos minutos e deixou o equipo antes do remate da campaña. Regresou a Portugal e xogou dúas tempadas e media co Alverca na máxima categoría.

En 2001 trasladouse a Austria, onde xogou no Grazer AK, co que gañou a Bundesliga austríaca e dúas Copas de Austria, e no ASK Schwadorf, antes de regresar en 2005 a Serbia para militar no Radnički Niš.[1] Retirouse no USV Markt Hartmannsdorf austríaco en 2006.[2]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou coa xogadora profesional de baloncesto Milana Savić e é pai dos futbolistas Sergej Milinković-Savić e Vanja Milinković-Savić e da xogadora de baloncesto Jana Milinković-Savić.[3]

Palmarés[editar | editar a fonte]

Grazer AK

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Estatísticas". ForaDeJogo (en portugués). Arquivado dende o orixinal o 05 de novembro de 2020. Consultado o 29 de outubro de 2021. 
  2. "Estatísticas de Milinković en Austria". Asociación Austríaca de Fútbol (en alemán). Consultado o 29 de outubro de 2021. 
  3. "Vanja Milinković-Savić za “Sport”: Da sam ostao napadač danas bih bio u Realu!" (en bosníaco). 1 de xaneiro de 2015. Consultado o 29 de outubro de 2021. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]