Nicole Sullivan

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Nicole Sullivan
Nome completoNicole Julianne Sullivan
Nacemento21 de abril de 1970
LugarManhattan Estados Unidos de América Estados Unidos
NacionalidadeEstados Unidos de América
Educada enUniversidade Northwestern, Northwestern University School of Communication e British American Drama Academy
Cónxuxe(s)Jason Packham
FillosDashel Pierce e Beckett Edward
ProfesiónActriz
Coñecido/a porMADtv e
The King of Queens
Na rede
IMDB: nm0005474 Allocine: 105005 Allmovie: p274542 TV.com: people/nicole-sullivan
Twitter: SullivanNicole Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Nicole Julianne Sullivan, nada o 21 de abril de 1970 en Manhattan (Nova York), é unha actriz, cómica e dobradora de cine estadounidense.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nada en Manhattan filla dun congresista do Estado de Nova York, Edward C. Sullivan,[1] recibiu clases de danza e interpretación dende moi nova en Broadway.

En 1987 graduouse no ensino secundario en Middleburgh[2] a onde se trasladara a familia uns anos antes. Tras pasar un ano en Londres na British American Drama Academy e formar parte da Greenwich Shakespeare Company entrou na Northwestern University para estudar teatro, ao tempo que traballaba para pagar os estudos.

Tras licenciarse trasladouse aos Ánxeles para buscar traballo.

Dende entón sobre todo é coñecida pola súa participación en MADtv realizando curtas caracterizando a moitos famosos coma Hilary Clinton, Britney Spears ou Uma Thurman.

Ademais Nicole ten unha longa traxectoria como dobradora de cine sobre todo de animación, como por exemplo Marlene (The Penguins of Madagascar), Shego (Kim Possible), Joan (Family Guy)

Filmografía (escolma)[editar | editar a fonte]

Filme
Ano Filme Papel
2000 Buzz Lightyear of Star Command: The Adventure Begins Mira Nova (Voz)
2002 The Third Wheel Sally
2005 Guess Who Liz Klein
2005 Sesame Street's All-Star Alphabet Letter A
2006 The Ant Bully Ant #9 (Voz)
2007 Meet the Robinsons Franny (Voz)
2008 Superhero Movie Julia Riker
2009 Black Dynamite Patricia Nixon
2009 17 Again Naomi
2012 Let It Shine Lyla

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Nicole Sullivan Biography (1970–)". Filmreference.com. 21 de abril de 1970. Consultado o 3 de xullo de 2011. 
  2. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 19 de xuño de 2004. Consultado o 26 de febreiro de 2021. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]