Nicola Lagioia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.


Infotaula de personaNicola Lagioia

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1973 Editar o valor em Wikidata (50/51 anos)
Bari, Italia Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeItalia Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoItalian literature (en) Traducir e xornalismo de opinión Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónescritor , locutor de radio , xornalista de opinión Editar o valor em Wikidata
EmpregadorRai Radio (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoNovela Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua italiana Editar o valor em Wikidata
Premios

IMDB: nm8587078 Editar o valor em Wikidata

Nicola Lagioia (Bari, 7 de abril de 1973) é un escritor, presentador radiofónico e actor italiano, director do Salón Internacional do Libro de Torino dende 2017.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciado en Dereito pola Universidade Aldo Moro de Bari. Apaixoado da escritura, colabora de seguido con diversas editoriais. Despois de traballar como redactor, leva a cabo a actividade de escritor pantasma, escribindo libros, guións e teses por encargo.

Como escritor, debutou en 2001 coa novela Tre sistemi per sbarazzarsi di Tolstoj (senza risparmiare se stessi).

En 2004 publica Occidente per principianti co que logra o Premio Scanno, o Premio Napoli e logra ser finalista ó Premio Bergamo.

Ten publicado relatos en diversas antoloxías, entre elas Patrie impure (Rizzoli, 2003), La qualità dell'aria (minimum fax, 2004), que editou xunto con Christian Raimo, Semi di fico d'India (Nuovadimensione, 2005), Perifefie (Laterza, 2006), Deandreide, adicada a Fabrizio De André (Biblioteca Universale Rizzoli, 2006), Ho visto cose (Biblioteca Universale Rizzoli, 2008), La storia siamo noi (Neri Pozza, 2008).

Coa novela Riportando tutto a casa, editada por Einaudi en 2009, adxudícase o SuperPremio Vittorini, o Premio Volpini, o Premio Viareggio par a narrativa.

En 2015 gañou o Premio Strega co libro La ferocia, publicado por Einaudi.

Ata 2017 dirixiu nichel, a columna de literatura italiana de minimum fax. Dende 2010 é un dos condutores de Pagina3, unha revisión diaria de páxinas culturais que emite Rai Radio 3.

Nos anos 2013, 2014 e 2015, é un dos seleccionadores do Festival Internacional de Cinema de Venecia, do que tamén fixo parte do xurado do concurso principal na súa 77ª edición.

Dende 2017 é o Director editorial do Salón internacional do libro de Turín.

En 2020 publicou o libro La città dei vivi que venceu en 2021 o Premio Internacional Bottari Lattes Grinzane.

Listaxe da obra[editar | editar a fonte]