Nesotragus

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Nesotragus livingstonianus Kirk, hoxe coñecido como Neotragus moschatus (ou como N. m. livingstonianus) no Museo Nacional de Historia Natural de Irlanda, en Dublín.

Nesotragus é un xénero de mamíferos artiodáctilos da familia dos bóvidos, subfamilia dos antilopinos creado no ano 1846 polo naturalista sueco Von Dueben, nun traballo publicado na revista Ofvers. K. VetenskAcad. Förh. Stockholm, 3 (7): 221.[1][2]

Inicialmente incluía as especies Nesotragus moschatus Von Dueben, 1846 e N. livingstonianus Kirk, 1865.[3]

Pero máis tarde o xénero foi abandonado, e ambas as dúas especies foron incluídas no xénero Neotragus C. H. Smith, 1827.[2]

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

O nome Nesotragus está formado polos elementos do latín científico neso- e -tragus. O primeiro é un calco do prefixo grego antigo νῆσο- nễso-, derivado de νῆσος nễsos, 'illa', e o segundo elemento está tirado do substantivo do grego antigo τράγοσ trágos, 'bode', 'cabrón', 'castrón', 'chibo'.[4] Literalmente, 'bode que está no medio', 'bode intermedio'.

Unha nova vida para Nesotragus[editar | editar a fonte]

Nesotragus moschatus, recoñecido pola maioría dos autores como Neotragus moschatus

No ano 2014, os investigadores Eva V. Bärmann, da Universidade de Cambridge, e o seu colega Tim Schikora, do Centro de Investigación da Biodiversidade e o Clima de Frankfurt, nun estudo da polimorfía do xénero Neotragus, afirmaron que, a pesar de que as especies de antílopes ananos se reuniron comunmente na tribo dos neotraguinos debido á súa aparencia morfolóxica xeral, as análises filoxenéticas demostraron que non todos están estreitamente relacionados, polo que suxeriron restrinxir o nome de Neotragini ao xénero tipo Neotragus. No seu estudo utilizaron secuencias do citocromo b mitocondrial e medicións lineais do cranio para investigar máis a fondo a similitude das tres especies de Neotragus. Estas análises apoian a estreita relación de N. moschatus e N. batesi. Porén, Neotragus pygmaeus, a especie tipo —que nunca antes se incluíra nas análises filoxenéticas— non está estreitamente relacionada. Segundo estes autores, podería compartir un antepasado común máis recente con outro "antílope anano", o Oreotragus oreotragus, e cos duiqueros do taxon Cephalophini. Polo tanto, suxeriron resucitar o xénero Nesotragus von Dueben, 1846 para Nesotragus moschatus e N. batesi, e deixando a Neotragus pygmaeus como a única especie do seu xénero.[5]

Porén, a maioría dos autores non consideran válido o xénero Nesotragus.[2][6][7][8][9]

Aínda que a Unión Internacional para a Conservación da Natureza inclúe, na páxina Neotragus, as tres especies Neotragus batesi,[10] Neotragus pygmaeus[11] e Nesotragus moschatus, na páxina de Nesotragus moschatus os asesores da UICN indican que esta especie foi incluída no xénero Neotragus, xunto con Neotragus batesi e N. pygmaeus, por varios autores, pero que alí se inclúe no xénero monotípico Nesotragus[12] seguindo a Ellerman et al. (1953),[13] e Kingdon (2013).[14]

Clasificación das tres especies, segundo Bärmann & Schikora[editar | editar a fonte]

Polo tanto, segundo estes autores, a clasificación das tres especies citadas quedaría así:

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Nesotragus Von Dueben, 1846 en BGIF.
  2. 2,0 2,1 2,2 Nesotragus von Düben, 1846 en Interim Register of Marine and Nonmarine Genera (IRMING).
  3. Groves, Colin & Grubb, Peter 2011.
  4. Nesotragus no Merriam Webster Dictionary.
  5. Eva V. Bärmann and Tim Schikora (2014): "The polyphyly of Neotragus – Results from genetic and morphometric analyses". Mammalian Biology 79 (4): 283-286.
  6. Nesotragus Von Dueben, 1846 no ITIS.
  7. Neotragus C. H. Smith, 1827. (Incúe Nesotragus) en MSW.
  8. Neotragus batesi de Winton, 1903 Arquivado 24 de outubro de 2018 en Wayback Machine. en Catalogue of Life: 24th September 2018. Species 2000.
  9. Neotragus moschatus (Von Dueben, 1846) Arquivado 24 de outubro de 2018 en Wayback Machine. en Catalogue of Life: 24th September 2018. Species 2000.
  10. IUCN (2016-01-07). "Neotragus batesi: IUCN SSC Antelope Specialist Group: The IUCN Red List of Threatened Species 2016: e.T14603A50190946" (en inglés). doi:10.2305/iucn.uk.2016-1.rlts.t14603a50190946.en. 
  11. IUCN (2016-01-07). "Neotragus pygmaeus: IUCN SSC Antelope Specialist Group: The IUCN Red List of Threatened Species 2016: e.T14602A50190835" (en inglés). doi:10.2305/iucn.uk.2016-1.rlts.t14602a50190835.en. 
  12. IUCN (2016-01-07). "Nesotragus moschatus: IUCN SSC Antelope Specialist Group: The IUCN Red List of Threatened Species 2016: e.T14604A50191073" (en inglés). doi:10.2305/iucn.uk.2016-1.rlts.t14604a50191073.en. 
  13. Ellerman, J. R., T. C. S. Morrison-Scott and R. W. Hayman (1953): Southern African Mammals 1758-1951: A Reclassification. London: British Museum, London. ISBN 978-0-5650-0189-6.
  14. Kingdon, J. S. (2013): "Genus Nesotragus". En: J. S. Kingdon and M. Hoffmann (eds), Mammals of Africa. Vol VI. London / Oxford: Bloomsbury Natural History. ISBN 978-1-4081-2257-0.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]