Nella Larsen
Nella Larsen | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | Nella Walker |
Nacemento | 13 de abril de 1891 e 14 de abril de 1891 |
Chicago | |
Falecemento | 30 de marzo de 1964 |
Brooklyn | |
Soterrada | cemiterio Cypress Hills |
Nacionalidade | Estados Unidos de América |
Etnia | Afroamericano |
Alma máter | Fisk University, Lincoln Hospital, Biblioteca Pública de Nova York, Universidade de Columbia e Universidade de Copenhaguen |
Ocupación | enfermeira, escritora, bibliotecaria e novelista |
Cónxuxe | Elmer Imes |
Premios | Bolsa de estudos Guggenheim e William E. Harmon Foundation award for distinguished achievement among Negroes |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Nella Larsen, nada como Nellie Walker en Chicago (Illinois) o 13 de abril de 1891 e finada en Nova York o 30 de marzo de 1964, foi unha novelista norteamericana do Renacemento de Harlem.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Traballou como enfermeira e bibliotecaria e publicou dúas novelas, Quicksand (1928) e Pasar[1] (Passing no orixinal inglés) (1929), amais duns poucos relatos curtos. Malia o austero da súa produción, recibiu o recoñecemento dos seu contemporáneos. Así mesmo, a finais do século XX houbo un renovado interese pola súa obra literaria, nun momento no que os conflitos raciais e de identidade sexual tiñan especial transcendencia. Tamén foi a súa obra albo de estudos académicos e a autora está considerada "non só como a primeira novelista do Harlem Renaissance, senón tamén como unha figura de relevo dentro do modernismo americano"[2].
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Traducida do inglés ao galego por Carlos Valdés e publicada en 2018 por Irmás Cartoné.
- ↑ Bone, Martyn (2011), "Nella Larsen" in The Encyclopedia of Twentieth-Century Fiction, Wiley-Blackwell, pp. 658-659 (en inglés).
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Passing no Internet Archive (edición orixinal escaneada) (en inglés)
- "Nella Larsen", ligazóns e bibliografía na páxina web da Washington State University (en inglés).