Nee Barros
(2023, Pontevedra) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 19 de decembro de 2002 (21 anos) Ourense, España |
Educación | IES Frei Martín Sarmiento (2018–2020) |
Actividade | |
Ocupación | activista dos dereitos transxénero, escritor, músico, activista cultural, youtubeiro, activista lingüístico |
Movemento | Reintegracionismo |
Instrumento | Voz e baixo |
Premios | |
Nee Barros Fernández, nado en Ourense o 19 de decembro de 2002, é activista polos dereitos trans e dedícase así mesmo á divulgación cultural e á literatura.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Nee Barros naceu en Ourense, mais creceu na vila de Marín (Pontevedra) e estudou o bacharelato no IES Frei Martín Sarmiento de Pontevedra desde o 2018 ata o 2020.[2][3] Á parte da súa produción literaria, desenvolve un labor de divulgación literaria na rede, especialmente a través da súa canle de Youtube Neeumatiko. A dita canle mestura recomendacións literarias, análises de obras e activismo LGBTIQA+, e chegou a ser recoñecida co premio á Calidade Lingüística do certame Youtubeir@s en 2021.[4] Tamén canta e toca o baixo no grupo de música pop rock Froalla.[5]
Na súa faceta literaria, recibiu recoñecementos desde moi cedo en certames como Lingua de Namorar (2018 e 2020), Prensa-Escuela (2018) ou o certame de narración curta Concello de Curtis (2019), entre outros. En 2022, recibiu o Premio María Victoria Moreno de Literatura Xuvenil, grazas ao cal publicarían a súa obra Nom estamos quebrades.[6]
Obras
[editar | editar a fonte]- A metamorfose forzada ou xuízo nun acto (2019). Erregueté. Cadernos Pygmalión nº 2, 20 páx.[7]
- 19 poemas para um VÍRUS-19 (2020). Arte Calavera. Autopublicado, 54 páx.[8]
- Identidade. A normalidade do non-común (2021). Galaxia. 88 páx. ISBN 978-84-9151-725-2.[9]
- Nom estamos quebrades (Cuarto de Inverno, 2023).
Obras colectivas
[editar | editar a fonte]- Tes cinco minutos #1 (2021). Galaxia. 130 páx. ISBN 978-84-9151-607-1.[10]
- 21 poetas do século XXI (2021). Aira. 204 páx. ISBN 978-84-123849-9-4.[11]
- Alguén nos lembrará. Antoloxía de relatos LGBTIQA+ (Coord.) (2023). Xerais. ISBN 978-84-1110-358-9.
Tradución
[editar | editar a fonte]- Heartstopper, de Alice Oseman (2024). Xerais. 288 páxinas ISBN 978-84-1110-580-4.
Premios
[editar | editar a fonte]- IV Edición do certame de microrrelatos Prensa-Escuela (2018)[12]
- Lingua de Namorar, Categoría A (2018)[13]
- I Premio de Radioficción CUAC FM (2018)[14]
- II Concurso contra a violencia de xénero da Subdelegación do Goberno de Pontevedra (2019)[15]
- XXIX concurso de contos Vila de Pontedeume (2019)[16]
- XIV Premio Narración Curta Concello de Curtis, Categoría A (2019)[17]
- Lingua de Namorar, Categoría A (2019)[18]
- XVIII Certame de Poesía no Ben Veñas Maio (2019)[19]
- XV Premio de Narración Curta do Concello de Curtis, Categoría A (2019)[20]
- Lingua de Namorar, Categoría A (2020)[21]
- III Concurso de microrrelatos da Real Academia Galega e PuntoGal, Categoría Xuvenil (2020)[22]
- XVIII Certame de Poesía no Ben Veñas Maio (2020)[23]
- V Premio María Victoria Moreno de Literatura Xuvenil (2022)[6]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Nee Barros defínese como persoa non binaria e usa o pronome neutro elu e palabras flexionadas co morfema -e para se referir a si mesme. "Nee Barros: “Escribín 'Identidade' para darme a min mesme un referente que eu non tivera”". El Salto Diario. 17 de maio de 2019. Consultado o 9 de agosto de 2022.
- ↑ "O III Concurso de microrrelatos premia nove pequenas grandes historias entre as máis de 750 presentadas". Real Academia Galega. Consultado o 2022-11-27.
- ↑ Pontevedra, Diario de (2020-03-23). "Teledocencia: el instituto cabe en una pantalla". Diario de Pontevedra (en castelán). Consultado o 2022-11-27.
- ↑ "Olaxonmario coróase nos Premios Youtubeiras con dous galardóns". Cultura Galega. Consultado o 2022-08-09.
- ↑ "Xeración ultrasónica". Diario de Pontevedra. Consultado o 2022-08-09.
- ↑ 6,0 6,1 "Nee Barros gaña o V Premio María Victoria Moreno convocado polo Concello de Pontevedra e Cuarto de Inverno". Pontevedra Viva. Consultado o 2022-11-27.
- ↑ "A metamorfose forzada ou xuízo nun acto" (PDF). Erregueté, Revista Galega de Teatro. Consultado o 2022-08-09.
- ↑ "Nee Barros: "É necessário normalizar a linguagem nom-binaria para reivindicar a dissidência"". Galicia Confidencial. Consultado o 2023-06-01.
- ↑ "Identidade. A normalidade do non-común". Editorial Galaxia. Consultado o 2022-08-09.
- ↑ "Tes cinco minutos #1". Editorial Galaxia. Consultado o 2022-08-09.
- ↑ "Identidade. A normalidade do non-común". Aira Editorial. Consultado o 2022-08-09.[Ligazón morta]
- ↑ "Pequenos pero grandes relatos". La Voz de Galicia. Consultado o 2022-08-09.
- ↑ "Lingua de namorar 2018: mensaxes gañadoras". Xuventude.net. Consultado o 2022-08-09.
- ↑ "Nee Barros e Carlos Mirás, gañadores do I Premio de Radioficción CUAC FM". Cuac FM. Consultado o 2022-08-09.
- ↑ "Relatos y dibujos para plantar cara al machismo". Faro de Vigo (en castelán). Consultado o 2022-08-09.
- ↑ "Pontedeume, unha vila de conto". La Voz de Galicia. Consultado o 2022-08-09.
- ↑ "Fallado o XIV Premio de Narración Curta Concello de Curtis". Concello de Curtis. Consultado o 2022-08-09.
- ↑ "Lingua de namorar 2019: mensaxes gañadoras". Xuventude.net. Consultado o 2022-08-09.
- ↑ "Talento, mocidade e lingua: os tres eixos da gala do Ben veñas Maio! 2019". Nós Televisión. Consultado o 2022-08-09.
- ↑ "Fallado o XV Premio de Narración Curta do Concello de Curtis". Concello de Curtis. Consultado o 2022-08-09.
- ↑ "Lingua de namorar 2020, as mensaxes gañadoras". Xuventude.net. Consultado o 2022-08-09.
- ↑ "O III Concurso de microrrelatos premia nove pequenas grandes historias entre as máis de 750 presentadas". real Academia Galega. Consultado o 2022-08-09.
- ↑ "Xa están os premios do certame Ben Veñas, Maio!". Concello de Pontevedra. Consultado o 2022-08-09.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Canal de Youtube Neeumatiko
- Entrevista en Nós Televisión, 01-05-2021
- Entrevista no El Salto, 17-05-2021
- Entrevista na revista Vinte, 27-09-2021