Loxodrómica

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Loxodromia.
Curva loxodrómica asintótica cara a un polo.

Denomínase loxodrómica ou loxodromia (do grego λοξóς -oblicuo- e δρóμος -carreira, curso-) a liña que une dous puntos calquera da superficie terrestre cortando todos os meridianos co mesmo ángulo. A loxodrómica, por tanto, é fácil de seguir mantendo o mesmo rumbo marcado polo compás. A súa representación no mapa dependerá do tipo de proxección do mesmo; por exemplo, na de Mercator é unha recta. A loxodrómica é, xunto á ortodrómica e a isoazimutal, unha das tres liñas que poden trazarse entre dous puntos calquera da superficie do planeta.

Historia[editar | editar a fonte]

O matemático portugués Pedro Nunes publicou no Tratado da navegação (1546) un descubrimento con grandes implicacións. Antes del críase que, marchando sobre a superficie terrestre cun rumbo fixo, é dicir, formando un ángulo constante coa meridiana, a liña percorrida era un círculo máximo. Dito con outras palabras, que un navío que seguise este camiño daría a volta ao mundo e volvería ao momento de partida. Nunes sinalou a falsidade deste concepto ao demostrar que a curva percorrida se ía achegando ao polo, ao redor do cal daba infinitas voltas, sen chegar nunca a el; ou, dito en linguaxe técnica, que ten o polo por punto asintótico.

Gráfico comparativo[editar | editar a fonte]

Comparación do rumbo loxodrómico (vermello) fronte ao ortodrómico (branco).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]