Saltar ao contido

90-60-90, diario secreto de una adolescente

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

90-60-90, diario secreto de una adolescente
 Instancia de
 Xénero
 Lingua orixinal
 Lingua
Publicación
 Compañía produtora
 Emisora orixinal
Datas
 Data de comezo
7 de setembro de 2009 Editar o valor en Wikidata
 Data de remate
26 de outubro de 2009 Editar o valor en Wikidata
Dimensión
Número de episodios8 Editar o valor en Wikidata
Número de tempadas1 Editar o valor en Wikidata
Localización
 País de orixe
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Redes
IMDB: tt1442402 Filmaffinity: 491277 Editar o valor en Wikidata
Wikidata

90-60-90, diario secreto de una adolescente é unha serie de televisión española producida por Diagonal TV e estreada o 7 de setembro de 2009 en Antena 3.[1]

A pesar dos seus baixos rexistros de audiencia, a cadea decidiu manter a serie ata o final, emitindo o último episodio o luns 26 de outubro, e sen renovación para unha segunda tempada.[2]

Argumento

[editar | editar a fonte]

90-60-90 narra a vida de Mel (Esmeralda Moya), unha adolescente orfa de pai e, por un accidente, tamén de nai. Xunto á súa amiga África (Ana Rujas), sairalles a oportunidade de ser modelos para a axencia I-Deal, dirixida por Chantal (Assumpta Serna) e o seu esposo Abe (Eduardo Velasco). Penetrándose nas reviravoltas do mundo da moda, coñecerán a Bruno (Jesús Olmedo), que traballa de fotógrafo na axencia, divorciado de Mary Carmen (Fanny Gautier) e cunha filla, Luz (Nadia de Santiago). Entre Mel e Bruno xurdirá unha relación sentimental fóra do común, xa que este dóbralle a idade á moza.

Repartimento

[editar | editar a fonte]
Actor/Actriz Personaxe Descrición
Jesús Olmedo Bruno Varela Fotógrafo de I-Deal e pai de Luz.
Fanny Gautier Mary Carmen Galán Nai de Luz.
Esmeralda Moya Melania "Mel" Álvarez Filla de Eva, modelo de I-Deal e sobriña de Luigi.
Ana Rujas África Villalba Serrano Amiga de Mel, ex de Leo, modelo de I-Deal e noiva de Alberto.
Isak Ferriz Domenico Maldini Booker de África e Mel.
Jordi Ballester Luigi Santos Tío de Mel e Júlia, irmán de Eva e noivo de Norma.
Eduardo Velasco Abelardo "Abe" Mitre Ex copropietario de I-Deal, ex marido de Chantal e irmán de Alberto.
Assumpta Serna Chantal Casares Directora da axencia de modelos I-Deal.
Nerea Garmendia Silvia Comas Ex modelo de I-Deal.
Álex Adróver Alberto Gavilán Cortés Estilista e fotógrafo de I-Deal, irmán de Abe e noivo de África).
Carla Campra Júlia Álvarez Filla de Eva, irmá de Mel e sobriña de Luigi.
Marta Marco Norma Carvajal Veciña de Eva e noiva de Luigi.
Nadia de Santiago Luz Varela Galán Filla de Bruno e Mary.
Carmen Arévalo Paloma Indixente e amiga de Júlia.
Ana Gracia Raquel Serrano Nai de África e ex muller de Antonio.
Pablo Penedo Lauro Bayo Maquillador de I-Deal.
Adrián Marín Dani Salcedo Antigo amigo de Mel.
María Reyes Gema Modelo de I-Deal e amiga de Lauro.
Alessandro Terranova Leo Modelo de I-Deal e ex de África.
Juanma Navas Antonio Villalba Pai de África e ex marido de Raquel.
Silvia Medina Eva Álvarez † Nai de Mel e Júlia e irmá de Luigi.
Karlos Klaumannsmoller Xefe de Mel no supermercado.

Capítulos e audiencias

[editar | editar a fonte]
Capítulo Nome Data de emisión Espectadores Share
PRIMEIRA TEMPADA
1 Mírame 7 de setembro de 2009 2 199 000 14,5%
2 La sal de la tierra 14 de setembro de 2009 1 984 000 13,2%
3 Flores de hielo 21 de setembro de 2009 1 795 000 11,2%
4 I-Realidad 28 de setembro de 2009 2 099 000 12,9%
5 I-Nevitable 5 de outubro de 2009 2 039 000 12,9%
6 Apocalipsis 12 de outubro de 2009 2 050 000 13,6%
7 La terrible verdad 19 de outubro de 2009 2 239 000 14,1%
8 Ángel de la guarda 26 de outubro de 2009 2 297 000 15,7%

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]