Mònica Terribas
Mònica Terribas i Sala, nada en Barcelona o 16 de xaneiro de 1968, é unha xornalista catalá. Entre outros cargos, foi a directora de Televisió de Catalunya dende 2008 até 2012.[1] En 2013, empezou a dirixir o programa de radio matinal El matí de Catalunya Radio. En xullo de 2020, anunciou que renunciaba ao ano de contrato que quedaba coa emisora e que non seguiría dirixindo e presentado o programa a partir de setembro.[2]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Mònica Terribas é licenciada en xornalismo pola Universidade Autónoma de Barcelona e doutora pola Universidade de Stirling (Escocia).
Foi redactora nos servizos informativos de Cadena 13 ata que en 1987 entrou a traballar en TV3 da man de Joaquim Maria Puyal[3] como coordinadora, guionista ou directora en programas como Tres pics i repicó, La vida en un xip, Un tomb per la vida, Persones humanes, Solvència contrastada, Som i serem, Avisa'ns quan arribi o 2000 ou Temps era temps. De 2002 a 2008 presentou e dirixiu o programa de análise informativa de TV3 La nit al dia.[4]
En maio de 2008 foi elixida por unanimidade directora xeral de Televisió de Catalunya que abrangue as canles TV3, El 33, 3/24, Esport3, Canle Super3 e 3XL. Exerceu o cargo até abril de 2012. En decembro de 2014, presentou: "La Marató" de TV3, xunto a Quim Masferrer, dedicada a recadar fondos para a investigación das doenzas do corazón. O programa chegou a recadar 8.864.016 €.
É profesora titular do departamento de comunicación na Universidade Pompeu Fabra,[5] onde foi vicedecana de estudos de xornalismo. Tamén forma parte do grupo de investigación Unitat d'Investigació en Comunicació Audiovisual (UNICA).
En setembro de 2013, iniciou a súa etapa como directora e presentadora do programa El matí de Catalunya Ràdio en Catalunya Ràdio, substituíndo a Manel Fontes no programa. A Unión de Oficiais da Garda Civil denunciou que en setembro de 2017 Terribas fixo un chamamento aos oíntes do seu programa, El Matí, e en particular aos transportistas, taxistas e demais traballadores da estrada para que informasen os pasos e os movementos dos coches da Garda Civil en Cataluña, para frear as posibles operacións relacionadas co referendo de independencia de 2017.[6]
En xullo de 2020 anunciou que renunciaba ao ano de contrato que lle faltaba e que en setembro non continuaría co programa. Tras o anuncio da súa despedida recibiu o apoio entre outros políticos do presidente da Generalitat de Cataluña Quim Torra e de Carles Puigdemont.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Mònica Terribas será la nueva directora de TV3". Arquivado dende o orixinal o 12 de maio de 2008. Consultado o 8 de maio de 2008.
- ↑ 2,0 2,1 Dios, Marisa de (17 de xullo de 2020). "Mònica Terribas deja 'El matí de Catalunya Ràdio'". elperiodico (en castelán). Consultado o 17 de xullo de 2020.
- ↑ "Mònica Terribas, esgrimidora de entrevistas". eldiario.es (en castelán). Consultado o 24 de febreiro de 2017.
- ↑ Universitat Autonoma de Barcelona (ed.). "Mònica Terribas diserta sobre el papel de los medios públicos - UAB Barcelona". www.uab.cat (en castelán). Consultado o 24 de febreiro de 2017.
- ↑ Universitat Pompeu Fabra, ed. (23 de marzo de 2015). "Terribas Sala, Mònica". www.upf.edu. Arquivado dende o orixinal o 25 de febreiro de 2017. Consultado o 24 de febreiro de 2017.
- ↑ "Monica Terribas pide a sus oyentes que informen de los movimientos de los coches de la Guardia Civil.". Arquivado dende o orixinal o 26 de outubro de 2017. Consultado o 26 de outubro de 2017.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Mònica Terribas |