Joaquim Maria Puyal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Joaquim Maria Puyal
Nacemento24 de marzo de 1949
Lugar de nacementoBarcelona
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade Autónoma de Barcelona e Universidade de Barcelona
Ocupaciónxornalista, mestre, presentador de televisión e radio director
PremiosCreu de Sant Jordi, Premio nacional de radiodifusión, Premio Manuel Vázquez Montalbán de xornalismo deportivo, Catalan of the year Award, honorary doctor of the Rovira i Virgili University, Ofici de Periodista, Premio Ondas, Premio Ondas, Premio Ondas, Premio Ondas, Premi Nacional a la Projecció Social de la Llengua Catalana, Òmnium Award for Radio, Òmnium Award for Television, Òmnium Award for Television, Canigó Award, Doutor honoris causa pola Universidade Autónoma de Barcelona e Medalla d'Or de l'Ajuntament de Barcelona
Na rede
IMDB: nm1459881 Dialnet: 2540428 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Joaquim Maria Puyal i Ortiga, nado en Barcelona o 24 de marzo de 1949, é un xornalista e filólogo catalán, membro da sección filóxica do Institut d'Estudis Catalans dende 2009.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciouse en filoloxía románica na Universidade de Barcelona, e posteriormente ampliou os seus estudos cunha licenciatura en ciencias da información na Universidade Autónoma de Barcelona. En 2010 doutorourse en lingüística pola Universidade de Barcelona coa tese Elements per a l’anàlisi del discurs de la televisió. Organització, fiabilitat i producció, recoñecida co premio extraordinario de doutoramento[2]

Radio[editar | editar a fonte]

En 1967 comezou a colaborar con Radio Barcelona, realizando diversas funcións, fundamentalmente traballando en FM, entón incipiente e minoritaria. En 1968 o director da emisora propúxolle transmitir o partido de fútbol entre o Futbol Club Barcelona e o Córdoba Club de Fútbol, e ata 1976 transmitiu 500 partidos de fútbol en castelán. Tamén combates de boxeo dende o Gran Price e o Palau dels Esports de Barcelona. Durante dous anos foi o correspondente en Barcelona do programa Hora 25, dirixido por José María García, e que lideraba ass audiències das noites radiofónicas en España.

Pioneiro da radio en catalán[editar | editar a fonte]

O 5 de setembro de 1976 foi en primeiro en volver a transmitier en catalán un partido de fútbol dende a época republicana. Foi o inicio do programa "Futbol en català" que se converteu nun éxito de audiencia. En 1985 fichou por Catalunya Ràdio con todo o seu equipo, entre os que salientaban Antoni Bassas e Eduard Boet. Tras 3000 partidos do FC Barcelona retransmitidos ao longo da súa carreira o 4 de xullo de 2018 anunciou que deixaba de retransmitir partidos de fútbol.[3]

Televisión[editar | editar a fonte]

Principiou a súa relación coa televisión en 1977 dende os estudios Miramar, no circuíto catalán de TVE, co programa "Vostè Pregunta", un formato inédito naquela época en España, e que lle valeu en 1979, o segundo premio Ondas da súa carreira.

En 1985 pasou a TV3, presentando o programa Vostè jutja, que estivo dous anos en antena. n 1989 viu a estrea de La vida en un xip, que se mantivo ata 1992, contaba cun pequeno prólogo en forma de serie de ficción denominado La granja, que foia primeira telenovela que emitiu TV3. Un ano despois foi o presentador de Un tomb per la vida, dedicado a repasar a vida de personaxes recoñecidos. Tamén dirixiu dous concursos de TV3, Tres pics i repicó e mais El joc del segle, e creou con Jaume Cabré, o formato da serie Estació d'enllaç.

Obra[editar | editar a fonte]

  • Aicnàlubma (Columna, 2011), reflexión sobre a sociedade e os medios de comunicación.[4]
  • La realidad inversa (Destino, 2011).[5]
  • Llengua i esport: Entre la creativitat i l'adequació, Universidade de Lleida, 2013, folleto co texto dunha conferencia lida por Puyal en 2012.[6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Joaquim Maria Puyal s'incorpora a la Secció Filològica de l'IEC". Avui. 23 de decembro de 2009. Arquivado dende o orixinal o 27 de xaneiro de 2010. Consultado o 05 de xullo de 2018. 
  2. "Puyal, premi extraordinari de doctorat". Suplemento Viure de La Vanguardia. 7 de maio de 2013. p. 8. 
  3. Joaquim Maria Puyal deixa de fer les retransmissions del Barça, El Nacional, 4 de xullo de 2018
  4. Columnaedicions.cat (ed.). "Aicnàlubma". Consultado o 15 de novembro de 2011. 
  5. Planetadelibros.com (ed.). "La realidad inversa" (en castelán). Consultado o 15 de novembro de 2011. 
  6. Paloma, David (12 de abril de 2013). "Escapolir-se de l'escomesa". Suplemento Cultura de El Punt Avui. Consultado o 12 de abril de 2013.