Saltar ao contido

Muralla de Offa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Muralla de Offa
Powys Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
Implicados
 Propietario/a
 Operador/a
Localización
 Situado en
 Coordenadas
Códigos e identificadores
VIAF233918349 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/09cnx Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Wikidata C:Commons
A muralla de Offa preto de Clun

A muralla de Offa (en inglés Offa's Dyke, en galés Clawdd Offa) é unha antiga construción defensiva da illa de Gran Bretaña, erixida polo rei Offa de Mercia en torno ao ano 777, similar ás anteriores murallas romanas existentes no norte da illa; a muralla de Adriano e a muralla de Antonino Pío.

Duns 240 km de lonxitude, estaba construída en adobe, estendéndose ao longo de toda a fronteira con Gales e Cornualla, agás nas zonas nas que a densidade dos bosques os facían practicamente impenetrábeis. Tiña como finalidade a defensa das terras anglosaxoas fronte ás poboacións celtas do outro lado da muralla, tanto galeses coma córnicos.