Saltar ao contido

Muralla de Antonino

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Muralla de Antonino
Escocia Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Parte de
 Composto por
 Epónimo
Características
 Contén partes da clase
 Situación patrimonial
Patrimonio da Humanidade
Período: 1987 - Editar o valor en Wikidata
Implicados
 Encargado por
Datas
 Fundación / creación
142 Editar o valor en Wikidata
Historia
 Substitúe
Vallum Hadriani (122 - ) Editar o valor en Wikidata
Localización
 Situado en
 OpenStreetMap
Mapa
 Coordenadas
Fontes e ligazóns
OpenStreetMap3156625 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/0nb7 Editar o valor en Wikidata
Wikidata G:Commons C:Commons

A Muralla de Antonino (tamén chamada Muro Antonino ou Muro de Antonino) é unha antiga construción defensiva da illa de Gran Bretaña, erixida por Quinto Lolio Urbico, gobernador de Britania, por mandato do emperador romano Antonino Pío entre os anos 140-142,[1] a uns 160 km ó norte da súa antecesora, a muralla de Hadrián. Estendíase durante 58 quilómetros dende o estuario de Forth, na costa oriental da illa sobre o mar do Norte, ata o golfo de Clyde, na costa occidental sobre o mar de Irlanda, ó longo da liña dos antigos fortes construídos por Cneo Xulio Agrícola. Foi inscrita na lista do Patrimonio da Humanidade en 2008[2] como parte das "Fronteiras do Imperio Romano".

Resto dun forte romano do Muro Antonino en Barr Hill.

O motivo da creación desta fronteira fortificado foi adiantar as posicións defensivas romanas, ó considerar que a provincia de Britania era xa segura, para así garantir a súa defensa, e de paso someter ás tribos hostís que vivían entre ambas murallas, nas terras altas da Caledonia meridional. Estas tribos dos pictos constituían unha importante ameaza pola súa hostilidade, ante o cal as súas terras foron asoladas e un gran número dos seus habitantes apreixados e deportados a Xermania.

A muralla non era tan sólida como a de Hadrián xa que estaba formada por un muro de turba e tierra esmagada no canto de pedra, aínda que tiña un foxo maior ca a primeira e contaba ademais con 19 fortes e un sendeiro militar na súa parte meridional. Porén, a fortificación abandonouse trala morte do emperador Antonino Pío, cara ao 162, volvendo progresivamente as tribos do norte a baixar. Á morte do emperador Cómodo, posiblemente no ano 196 ou 197, cando o gobernador Clodio Albino retirou gran parte da súa gornición ó proclamarse emperador e desprazarse a Lugdunum (a actual Lión), as tribos do norte protagonizaron un grande ataque sobre as fronteiras romanas na illa, o que levou en 208 ó emperador Septimio Severo a restablecer lexións na muralla de Antonino, ordenando reparalo.

  1. ↑ Robertson, Anne S. (1960) The Antonine Wall. Glasgow Archaeological Society. p. 7.
  2. ↑ Inscricións do 2008