Muhammad Ayub Khan
Muhammad Ayub Khan | |
---|---|
Presidente de Paquistán | |
Período | 27 de outubro de 1958 - 25 de marzo de 1969 |
Antecesor | Iskander Mirza |
Sucesor | Yahya Khan |
Datos persoais | |
Nacemento | 14 de maio de 1907 |
Haripur | |
Falecemento | 19 de abril de 1974 |
Islamabad | |
Fillos | Gohar Ayub Khan |
Alma máter | Aligarh Muslim University, Royal Military College, Sandhurst, Command and Staff College e Minto Circle |
Profesión | militar e político |
Relixión | Islam e Xiísmo |
Na rede | |
![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Muhammad Ayub Khan (nado o 14 de maio de 1907[1] e finado o 19 de abril de 1974) foi un militar paquistaní, e o segundo presidente de Paquistán. Gobernou entre 1958 e 1969.
Converteuse en oficial do exército indio en 1928. Loitou en Birmania durante a segunda guerra mundial e posterior a iso ascendeu ata o final dos rangos na milicia da recentemente independente Paquistán.
En 1958 o presidente paquistaní Iskander Mirza, revogou a constitución do país e Ayub pasou a ser xefe de lei marcial. Declarouse a si mesmo presidente ese mesmo ano, exiliando a Mirza. Estableceu estreitas relacións coa República Popular da China e en 1965 iniciou unha guerra coa India polo control da rexión de Caxemira. O fracaso da tomada de Caxemira, combinado co descontento polas restriccións nos comicios, induciu a disturbios e Ayub renunciou en 1969.
Notas[editar | editar a fonte]
Presidente de Paquistán | ||
---|---|---|
Segue a: Iskander Mirza |
Muhammad Ayub Khan | Precede a: Yahya Khan |